domingo, 17 de junio de 2018

KUMANANÁ. DANZA DE ILLA FANTASÍA.


Cumpríronse as predicións meteorolóxicas e choveu... pero, seguindo o dito de "a mal tempo boa cara", o alumnado que participaba no proxecto Illa Fantasía bailou a danza "Kumananá" despois de escoitar a carta que You You Tu lles enviou.

Finalmente repartimos as variñas máxicas protectoras de soños e un pequeno agasallo para cada un dos alumnos e alumnas que participaron neste proxecto de fomento da lectura.

Todos estamos moi apenados por non poder rematar como estaba previsto en Gandarío, xunto cos outros centros participantes, pero agardamos que máis ca unha suspensión sexa un aprazamento ata setembro.
    

miércoles, 6 de junio de 2018

A NOSA TRIPULACIÓN PIRATA


   O curso escolar está rematando, e como era de agardar... chega o momento de que a nosa tripulación quede establecida. Así pos, nestes últimos días estivemos facendo o nomeamento pirata, distribuíndo funcións e rangos dentro do galeón, e por suposto poñéndose cada un o noso alcume pirata.

  A continuación podedes ver tanto o xuramento pirata coma fotografías da nosa tripulación e dalgúns dos traballos realizados durante o PDI "Alén do Mar".


NOMEAMENTO PIRATA

  Os capitáns Lydia e Nando informan: Para os que queiran converterse en verdadeiros piratas, os seguintes principios terán que aceptar:

  1. O mar é a túa vida, o barco o teu fogar.
  1. A tripulación a túa familia, e como a esta, deberás coidar e querer.
  1. Non sairán segredos piratas da túa boca.
  1. Repartirás os tesouros cos demais membros da tripulación.
  1. Non deixarás ao inimigo abandonado no mar, sen auga, sen comida e sen “brúxula”.








MAIOS 2023