miércoles, 25 de diciembre de 2019
lunes, 16 de diciembre de 2019
MULTIPLICAMOS!!
https://www.tablasdemultiplicar.com/memoria.html
https://www.tablasdemultiplicar.com/carrera-de-multiplicar.html
https://www.tablasdemultiplicar.com/multiplicar-con-spuq.html
https://www.tablasdemultiplicar.com/galeria-de-tiro.htmlç
https://matecitos.com/juegos-matecitos-2-primaria/tablas-multiplicar-juegos-2primaria/juego-tabla-de-multiplicar-del-numero-2#popup
https://matecitos.com/juegos-matecitos-2-primaria/tablas-multiplicar-juegos-2primaria/juego-tabla-de-multiplicar-del-numero-tres#popup
jueves, 12 de diciembre de 2019
Visita da Capitá Mariana!!
"VISITA DA CAPITÁ MARIANA"
Onte tivemos unha sorpresa xenial nas nosas aulas!! Chegou a Capitá Mariana dende Isótita!!
Cando entrou pola porta, todos/as quedamos moi caladiños e quietos.A Capitá Mariana, non anda con moitas bromas, estaba un pouco enfadada e mandounos levantar e saudala como se merece unha capitá da súa categoría.
Díxonos que eramos grumetes e que cando rematara o que viña facer, se todo ía ben , convertiríanos en auténticos piratas. Estabamos abraiados!!
Preguntounos e falounos de varias cousas:
- Estaba moi enfadada por todos os plásticos que había no mar e que estaban chegando a Illa Fantasía. Tivemos que explicarlle como reciclamos e onde tiramos o lixo na nosa escola.
- Falamos de por qué estaba en cadeira rodas e das necesidades que atopaba cando ía polas escolas .
- Explicou que aínda que ela leva un parche , porque é capitá, coñece perfectamente as limitacións que ten ver cun só ollo, e fixemos algunha proba para comprobar que non é tan sinxelo nin divertido como parece.
- Falounos moito da igualdade entre todas as persoas e do respecto cara as distintas discapacidades que nos podemos atopar.
Despois de moito falar , decidiu que nos convertiría en piratas, pero antes amosounos unha das nosas cartas que lle enviamos para namorala da nosa vila. Este é o motivo polo que Mariana, chegou ás nosas aulas.
E chegou o momento!! coa axuda dos profes, sacou unha bola de cristal e dicindo unhas palabras en baixiño... foinos chamando un a un e pasou isto!!!!
Antes de marchar, deunos outra sorpresa!! Cantamos o Rap de Isótita!! e díxonos que a próxima vez que viñese nos daría unhas instruccións para elaborar o LIBRO VIOLETA . Mulleres Poderosas!!
Xa temos ganas de que volva !!
VOLVE CAPITÁ MARIANA, VOLVE!! ISÓTITA!!
Aquí podedes ver algúns debuxos que fixemos e textos onde comentamos o ben que o pasamos!!
lunes, 9 de diciembre de 2019
UN NADAL DE CINE!!
Hoxe foi un día xenial!! Fomos o cine a ver Maléfica 2.
Un Nadal Cheo de libros!!
Un Nadal cheo de libros
Un ano máis chega o Nadal, unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!
Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!
Podedes coller un tríptico aos pés de Güino!
Durante estes días estarán expostas estas recomendacións na biblioteca para que poidades botarlles unha ollada.
Aquí tedes o tríptico para ver todos os libros dende casa, mirádeo polas dúas caras!
.
Agora si facedes click en cada libro coñecer máis datos dos mesmos, características, editorial, argumento...
Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!
Podedes coller un tríptico aos pés de Güino!
Durante estes días estarán expostas estas recomendacións na biblioteca para que poidades botarlles unha ollada.
Aquí tedes o tríptico para ver todos os libros dende casa, mirádeo polas dúas caras!
.
PREME! |
Agora si facedes click en cada libro coñecer máis datos dos mesmos, características, editorial, argumento...
PARA EDUCACIÓN INFANTIL:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Dende a biblioteca do cole chéganos unha nova propostas de Güino chamada "Contos confinados". No seguinte enlace podedes atopar to...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...