viernes, 25 de febrero de 2022

Día de Rosalía - 23 de febreiro. "Sementando amor por Rosalía"

    O 23 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía de Castro", auténtica data de nacemento dunha das mulleres máis importante da nosa cultura galega.

    Para conmemorar este día, dende o Equipo de Dinamización do noso centro, entregáronnos un sobre pequeno a cada neno/a, co obxectivo de que se escribise nel un poema ou uns versos de Rosalía e se fixese unha ilustración relacionada co poema ou con Rosalía de Castro,

       Dentro do sobre metéronse sementes, de xeito que a nosa mensaxe foi "Sementando amor por Rosalía".

    Estes sobres coas sementes, repartíronse entre os establecementos da vila, agardando que o amor por Rosalía floreza aínda máis polas rúas de Pontedeume.





 















jueves, 10 de febrero de 2022

PDI "+ ARTE". PREPARANDO O ENTROIDO PARA SER... FENÓMENOS DO RURAL.

    O venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no cole. Como todos os anos, o noso disfrace terá relación co PDI que estamos a traballar, que este curso está relacionado coa Arte.


    No noso curso máis concretamente estamos coñecendo a obra do pintor e muralista Joseba Muruzábal e a súa colección Fenómenos do Rural. Así pois, o alumando TERÁ QUE VIR O DÍA 25 DE FEBREIRO VESTIDO CUN MANDIL “GALEGO” DE CADROS OU SIMILAR E CON ALGÚN COMPLEMENTO RELACIONADO CO MUNDO RURAL OU MARIÑEIRO (hortalizas, redes,...) E OUTRO RELACIONADO COA CIENCIA FICCIÓN DOS SUPERPODERES (capa, anteface, un traxe de superheroe ou superheroína por debaixo do mandil,...). Por suposto este material complementerio pode ser de fabricación propia.  


    A continuación podedes ver algunhas das obras de Muruzábal que vos poden servir de idea para vir disfrazadas e disfrazados o día 25 de febreiro.



Inspirado na Película de 1958 "El ataque de la mujer de 50 pies"


Inspirado nos debuxos animados "Dragon Ball"


Inspirado en Obélix, das historias de "Astrérix e Obélix"


    Como podedes ver, as protagonistas da colección Fenómenos do Rural  son avoas galegas que Joseba Muruzábal entrevista previamente para coñecer a súa historia. Despois, por medio dos seus murais rinde unha homenaxe á labor que fan estas mulleres que seguen a traballar con máis de 70 anos nos entornos rurais.

    As obras da colección Fenómenos do Rural caracterízanse por representar fielente o rostro e a figura das avoas co clásico mandil de cadros, pero incorpora o que poderiamos chamar “realismo máxico”.

    Este “realismo máxico” fai que as avoas teñan superdoredes relacionados coa súa historia, co entorno no que viven ou con algunha película ou cómic.


    Para a celebración do Entroido no cole, nós tamén nos convertiremos por un día en "Fenómenos do Rural", e ao igual que Muruzábal, rendiremos unha homenaxe a todas as nosas avoas, familiares e amigas que demostran ano tras ano que son auténticas superheroínas.


    

    


PDI + ARTE. Biografía de Joseba Muruzábal.

 

       Nesta ocasión coñecimos a biografía de Joseba Muruzábal e posteriormente escribimos os datos máis relavantes para a exposición que estamos a preparar sobre a súa vida e obra. 









PDI + ARTE. Joseba Muruzábal e a súa colección "Fenómenos do Rural".

     A continuación podedes ver unha das primeiras actividades que fixemos nas nosas aulas en relación ao PDI "+ Arte".

    A actividade consistiu en que o alumnado tiña que observar, reflexionar e opinar sobre as imaxes que lles iamos mostrando sobre a obra do pintor e muralista Joseba Muruzábal. 

    Ao principio as obras estaban ocultas con figuras xeométricas para que fixesen hipóteses sobre o que podería haber oculto debaixo das mesmas. Segundo iamos descubrindo a imaxe a súa emoción e intriga aumentaba, así coma as súas opinións e distintos puntos de vista.

    Finalmente, ao descubrir a obra de Muruzábal, quedaron impactados, entre outras cousas, polo realismo e o tamaño dos murais. Deste xeito, coa motivación obtida trala realización desta actividade, continuamos a traballar a vida e obra deste recoñecido artista galego.


jueves, 3 de febrero de 2022

Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2022.

Por que o 30 de xaneiro é o Día da Paz?

      Esta data conmemora o aniversario da morte do activista e avogado indio Mahatma Gandhi, líder que loitou polos dereitos da poboación india con métodos de resistencia pacífica e promovendo a non violencia. O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado a tiros por un mozo radical.

    Baseándonos neste feito, cada ano resaltamos os valores que traslada o Día da Paz, e neste 2022 inspirámonos na obra do escultor mexicano Jorge Marín, titulada "Ás de Paz", que foi presentada por primeira vez no ano 2016 no marco do Día Internacional da Paz. Hoxe destaca como un símbolo que lembra á figura do Ave Fénix, descrita como un ave que rexorde das súas propias cinzas.



Conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz no noso cole.

    Este ano, para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, todo o alumnado participou nunha actividade denominada "Ás de Paz". 

    Dita actividade consistiu en realizar un photocall con dúas ás xigantes creadas por todo o alumnado. Para facer estas ás tiveron decorar plumas de moitas cores e escribir nelas mensaxes sobre a amizade, o respecto, a tolerancia,...









 












MAIOS 2023