jueves, 17 de septiembre de 2020

RECREOS NOS DÍAS DE CHUVIA PARA O ALUMNADO DE 4º EP

    

Estimadas familias :

Durante o presente curso,debido á situación provocada pola COVID-19, o alumnado de 4º EP fará o recreo no pavillón os días de chuvia. No pavillón poderán estar na pista polideportiva (sempre e cando teñan calzado deportivo) ou no espazo que hai entre a pista e as gradas. 

Dito isto, para os días de chuvia propoñemos que o alumnado que queira poder acceder á pista polideportiva traia da casa unha bolsa con tenis para cambiarse antes de baixar ao pavillón ou ben que xa veñan con calzado deportivo posto da casa.

No caso de traer una bolsa con tenis para cambiar no cole, esta bolsa non poderá quedar na aula e terá que ir de volta para a casa ese mesmo día.

Un saúdo dos titores Lydia e Nando.

Grazas pola vosa colaboración.

 

viernes, 11 de septiembre de 2020

INICIO DO CURSO 2020/2021 - INFORMACIÓN IMPORTANTE

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DAS CLASES

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO 2020/2021


AVISO IMPORTANTE

Na páxina web do colexio colgouse información importante sobre o inicio de curso.
Nesa información está incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada o primeiro día de curso. Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos días anteriores ao inicio das clases.

INICIO DAS CLASES 

As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro festivo local.

 

O alumnado de 4º de EP empezará  o luns 14 de setembro no horario que vos exporemos a continuación. Dicir tamén que os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas que vos pasaremos ao longos destes días con relación a esta "nova normalidade".



HORARIO PARA O LUNS 14 DE SETEMBRO


Con respeto ao alumnado de 4ºEP que veña en transporte escolaro luns 14 de setembro, o transporte escolar recollerá ao alumnado na parada que teñen solicitada nos horarios habituais. Este alumnado chegará á escola ás 8:30h e estará na súa aula xunto co seu profesor titor/a ata que chegue o resto do alumnado ás horas establecias. Os horarios de saída serán os de todo o curso .

 

Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 4ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. 

 

A hora de saída será ás 13.35h. pola porta do lado do pavillón.

  • 4ºA: sairá polo lado dereito mirando ao mar
  • 4ºB :sairá polo lado esquerdo mirando ao mar.


HORARIO ESCOLAR PARA OS VINDEIROS DÍAS


O horario escolar queda do seguinte xeito, adiantándose dez minutos a saída, para evitar aglomeracións.

Entrada: 8:30h. - 8:45h.

Saída: 13:35h.   4ºA (Porta do pavillón lateral dereito mirando ao mar).
                           4ºB (Porta do pavillón lateral esquerdo mirando ao mar).

 
Os titores permaneceremos nas aulas a partir das 8:30h, para recibir ao alumnado que se traslade en transporte escolar, evitando a permanencia no patio ata o comezo das clases.
O resto do alumnado, que non use os autobuses para o seu traslado, chegará ao colexio entre as 8:30h e as 8.45h e subirá ás aulas.

Utilizaremos os seguintes tramos horarios para as actividades: 

 Recreo:11.05 h.-11:25 h .Os recreos serán no patio superior ou no pavillón no caso de mal tempo, participarán só 4º A e 4º B, respectando os “Grupos Estables” e utilizando as máscaras 

 Parva (merenda) e Hora de ler: 11:25 h.-12:05 h. 

Tanto nas entradas como nas saídas hai que evitar as aglomeracións de persoas. Por iso, só deberá vir un acompañante por cada alumno ou alumna e será fundamental a puntualidade, non se debe chegar demasiado cedo nin tarde.

IMPORTANTE: O alumnado de EP non poderá acceder ao recinto escolar acompañado.


MATERIAL QUE PRECISA TRAER O ALUMNADO DE 4ºEP

 

O primeiro día de clase, 14 de setembro, o alumnado de 4º de EP precisa traer: mascarilla, unha mochila, unha bolsa de tea con dúas caixas de panos de papel, un caderno, unha carpeta tamaño folio e un estoxo con material para escribir e colorear.

 

 


Todos os días, o alumnado de E.P, debe

 utilizar máscaras cirúrxicas ou hixiénicas. Pola saúde de todos e todas é altamente recomendable que as máscaras ou os seus filtros estean homologados ou sigan a normativa correspondente. Deberán traer unha posta da casa e outra para cambiar logo de tomar a parva. A máscara de recambio deberá vir gardada de xeito independente nun sobre de papel ou recipiente que cumpra as recomendacións do Ministerio de Sanidade. Deberán traer outro recipiente ou sobre como o anterior, para gardar a máscara se fose preciso nalgún outro momento da mañá. A imposibilidade de uso de máscara deberá ser acreditada polo/a pediatra ou facultativo da persoa obrigada.

 

 

Para os vindeiros días, d

ebido á situación actual provocada pola COVID-19, cada alumno/a terá o seu material nas súa mesa e cadeira (mochila, estoxo, caixoneira,...) e a poder ser todo o material deberá estar identificado co nome do alumno/a, xa que non compartirá material de uso propio con ningún dos seus/súas compañeiros/as. 

Dito isto, o alumnado terá que traer el levar o material que precise para cada día segundo as materias que teña establecidas no seu horario. É recomendable que sempre teñan na mochila, ademais dos libros e libretas que precisen para ese día, o seguinte material:

  • 1 estoxo grande, non ríxido e de cremalleira con:

·         1 afialapis con recolledor.

·         1 lapis NORIS do nº. 2.

·         1 barra de pegamento.

·         1 gomas de borrar.

·         1 bolígrafo azul e outro vermello.

·         Unhas tesoiras.

  • 1 caixa de ceras duras PLASTIDECOR de 12 cores.

  • 1 caixa de rotuladores de 12 cores. 

  • 1 xogo de regras (escuadro, cartabón, regra e transportador).

  • 1 compás. 

  • 1 carpeta de gomas tamaño folio.

 Na aula, o único material que teremos sempre será: 

  • 1 carpeta tamaño folio para gardar fichas e traballos.

  • 1 paquete de 100 folios DIN A4.

  • 2 caixas de panos de papel. Para este curso solicitamos que traian da casa unha bolsa de tea que quedará colgada na mesa de cada alumno/a, na que terán as caixas de panos de papel para o seu uso persoal.


Axendas

O primeiro día, o titor/a entregará unha axenda a cada alumno/a. Teñen que cubrila na casa cos datos actualizados de enderezo e teléfonos de urxencia.  

A axenda deben tela sempre na mochila. Serve de intercambio de información entre a familia e o profesorado e deben estar debidamente cubertas cos datos persoais. Se normalmente van en autobús e algún día veñen buscalos, é importante que se anote na axenda.


 
Alerta escolar, alerxias,...

En secretaría debe haber constancia das alerxias ou doenzas de cada neno ou nena. Na aula tamén se deixará a información correspondente, para que o profesorado especialista e substituto teñan coñecemento da situación sanitaria do alumnado.

É importante destacar que se no centro debe constar algún medicamento, este deberá permanecer no botiquín de medicamentos e firmar unha autorización para a administración dos mesmos.

Nas saídas escolares o profesorado acompañante levará a medicación, segundo a autorización correspondente.


TITORÍAS

A finalidade da titoría é favorecer a integración nos procesos de aprendizaxe, en colaboración coa familia, xa que a educación é un largo camiño que se inicia na casa e continúa no colexio, pero non se pode levar a cabo correctamente, se non hai un traballo común entre ambas partes, por iso se debe compatibilizar a educación familiar coa da escola, creando unha canle conxunta que fomente a aprendizaxe escolar.

Pola circunstancias actuais, durante o curso non se levarán a cabo titorías presenciais, salvo situacións excepcionais que así o requiran. As titorías farémolas mediante chamada telefónica, videoconferencia ou Abalarmóbil.

A educación familiar é a base que inflúe e sustenta o ensino formal e académico, razón pola cal desde a Titoría vos presentamos unhas suxestións de traballo que podedes levar a cabo dende a casa.

Traballo en familia:

 Crear hábitos hixiénicos e alimenticios que favorezan a súa saúde. Suxerimos que se continúe coa programación semanal da Merenda Escolar establecida o curso pasado.

 Procurar ter un sitio onde poder traballar, que non haxa ruído e poidan escribir e ler con tranquilidade.

 A elaboración dun horario en común cos nenos e nenas de tempo de estudo, de lectura e de actividades de lecer, vai poñendo os cimentos do traballo que terán que facer no futuro. O horario debe contemplar unha hora estable para deitarse cedo e poder render axeitadamente no colexio.

 Falar con eles e elas, razoar, escoitar e orientalos/as para que sexan responsables .

Hábitos:

É importante que continúen adquirindo hábitos que lles fagan máis autónomos e autónomas, como organizar a súa mochila, tendo en conta que este curso o material escolar é individual e debe ser trasladado ao colexio diariamente.



Pontedeume 11 de setembro de 2020

TITORA 4º A, Lydia Seijo Martínez
TITOR   4º B, Fernando Manuel Fraga Vázquez



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!! 

 
XUNTAS E XUNTOS SAIREMOS ADIANTE!!!


Versión para imprimir


MAIOS 2023