martes, 27 de febrero de 2018
miércoles, 21 de febrero de 2018
RIMAR E RIMAR CON PALABRAS DO MAR
Esta semana recibimos unha carta dende “Illa Fantasía” na que
Marco nos contaba, por medio do seu Caderno de Bitácora, que necesitaba da nosa
axuda para poder saír da Illa perdida das sereas, na que se encontra despois de
que un remuíño os arrastrase a el e aos seus amigos, ata as profundidades mariñas.
Nesa illa conta que vive unha tribu singular, e para poder chegar a “OS
TRES PICOS DO DRAGÓN”, teñen que enfeitizalos con palabras de auga doce ou
salgada coma o mar, por medio de poemas.
Xa buscamos un montón de palabras na biblioteca relacionadas
co mar, pero agora temos que darnos présa en facer os nosos poemas e enviárllelos para axudalos.
Por iso, aquí deixamos uns vídeos que nos recordarán o que
son os poemas, os versos, estrofas e rimas. Así que xa sabedes...
Todos xuntos a rimar
e rimar
e así a Cristóbal e Marco
axudar
Para que o mar poidan cruzar
e aos “Tres Picos do Dragón” chegar.
jueves, 15 de febrero de 2018
ENTROIDO 2018 - SOMOS OS PIRATAS
Este ano a temática do entroido estivo relacionada co PDI "Alén do Mar", e nós fomos disfrazados de... Piratas!!!
Fixemos gorros nos que non podían faltar os loros, tamén realizamos dous galeóns piratas para surcar os mares, e aprendemos unha canción xenial para troulear no entroido de Pontedeume.
Velaí van algunhas imaxes e vídeos da celebración no Couceiro Freijomil.
![]() |
3º A |
![]() |
3º B |
![]() |
Canción - "SOMOS OS PIRATAS" |
DESFILE NO COUCEIRO FREIJOMIL
DESFILE NO PAVILLÓN
"SOMOS OS PIRATAS"
Despois de tanta troula, tamén fixemos unha festa nas nosas aulas, na que degustamos doces típicos de entroido feitos polas nosas familias. Estaban riquísimos!!!
E para rematar... o xoves 15 de febreiro, queimamos o Entroido chorando a súa morte e cantando a cantiga tradicional de Pontedeume: Xa morreu!!
jueves, 8 de febrero de 2018
AUGA SUBTERRÁNEA.
Na clase de ciencias socias seguimos estudando a agua nas paisaxes.Aquí deixamos un videos que explican moi ben a auga subterránea.
miércoles, 7 de febrero de 2018
SAÍDA "A CASA DOS PEIXES" .Alén do Mar
O día 29 de xaneiro fomos a "Casa dos Peixes" .
Foi xenial!!
Aquí deixamos unhas fotiños da saída e dalgúns traballiños.
PRESENTACIÓN " A CASA DOS PEIXES"
VISITA DE BRÚJULA. "ILLA FANTASÍA"
Dende Illa Fantasía , chegou Brújula despois dunha longa viaxe polo espacio!!
Propuxonos un reto, adiviñar a través dun rosco máxico as letras que compoñian as constelacións que atopou polo espcio .A "terceiro A "tocounos constelación BRÚJULA e a " terceiro B" , AVE FÉNIX.
PRESENTACIÓN DE BRÚJULA
lunes, 5 de febrero de 2018
FITAS DE CORES POLA PAZ 2018
No DÍA DA PAZ, toda a escola fixemos unha actividade moi divertida e chea de sentimentos positivos.
Cantamos e bailamos a canción de : Baile da Paz de Mamá Cabra e construímos entre todos unhas bandeiras de pregarias tibetanas para espallar os desexos de Paz de todo o alumnado.
Aquí deixamos o video para o vexades:
jueves, 1 de febrero de 2018
RUTA DA SEDA!
Hoxe na clase esivemos investigando sobre Marco Polo . Falamos da Ruta da Seda`e xurdinos unha dúbida: de onde sae a Seda??
Aquí tedes un video que nos axudou moito:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Dende a biblioteca do cole chéganos unha nova propostas de Güino chamada "Contos confinados". No seguinte enlace podedes atopar to...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...