jueves, 28 de noviembre de 2019

Club das Letras: A narradora do deserto. 1º trimestre


 CLUB DAS LETRAS: A NARRADORA DO DESERTO
1º Trimestre
   Este ano na escola estamos levando a cabo un proxecto chamado: "O Club das letras". É un proxecto de innovación educativa co obxectivo de potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo nas área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Cada ano partirá dunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas, abordada de xeito transversal.  Para o curso 2019/2020 o tema escollido é a igualdade (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia).

Durante tres sesión consecutivas, na biblioteca do cole, a mestra Maria Cascallar (membro da BE), traballou coa aulas de terceiro a obra; A NARRADORA DO DESERTO.





Unha historia increíble que conta a vida de Amira, unha coidadora de cabras, que desexa que chegue o final do día para facer o que máis lle gusta... narrar contos!!


 



A través desta historia coñecemos outras historias como o conto: "As mil e unha noite" e a súa protagonista Sherezade (a nai de todos os contos do Mundo Oriental , que loitou pola súa vida e a das mulleres do reino a través de contar contos o Sultán do reino.)

Vimos dous vídeos na aula para comprender mellor o que imos traballando na biblioteca.



Reflexionamos sobre o papel das mulleres neste conto e sobre o que fixo Sherezade.
Foi moi interesante!!
A continuación, elaboramos unha composición de texto escrita  que podedes ver a continuación.








Outra das historias que tamén coñecemos foi a de "Simbad o mariño". Un pobre cargador do porto de Bagdad que soñaba con saír da pobreza e que se embarcou para vivir moitas aventuras e superar grandes dificultades para poder mellorar a súa situación persoal. Logo de ler as súas aventuras, fixemos unha composición escrita que podedes ver nos corredores do noso cole.








2ª SESIÓN : Nesta sesión seguimos coa lectura da historia de Amira e falamos do traballo de investigación de Sherezade e de Simbad.
Sorprendeunos moito a historia... Amira emigraba do seu pobo pola falta de nenos/as para contar historias.
Mari contounos como moitas mulleres e homes teñen que marchar das súas casas para buscar unha vida mellor deixando toda a súa vida. Visionamos un documental elaborado polo marido de Mari Cascallar onde puidemos ver esceas reais de persoas  que viaxan nunha patera e como moitos deles ás veces non sobreviven.


 

   


Nesta ocasión , tamén nos sorprendeu cunha nova investigación.

Neste caso : A LENDA DA PONTE DE PEDRA-LENDA DA PONTE DO DEMO.

Buscamos información nas nosas casas e mais na escola e aprendimos que a lenda da ponte de pedra ten moitas versións.

Nos quedamos con esta versión (premede na imaxe para coñecer a lenda).




Un compañeiro da clase ata escribiu a información na casa do avó para poder contala aos compañeiros/as.



3ª SESIÓN:  Nesta última sesión coñecemos o final da historia de Amira, un final que nos emocionou e nos fixo reflexionar sobre a situación de miles de persoas que, como Amira, sofren as consecuencias da guerra, da fame ou da seca, e que teñen que emigrar do seu pobo natal na procura dun mundo mellor, embarcándose nunha viaxe incerta e perigosa que non sempre ten un final feliz.

No caso de Amira, o seu final acaba nun centro para inmigrantes cun encontro moi especial. Pero como o libro nos encantou, e o seu final queda moi aberto, decidimos que nas aulas escribiremos distintos finais para o conto "A narradora do deserto".  E tamén, ao igual que Amira, crearemos contos e historias a partir de contos populares ou libros  que temos na biblioteca, para así poder contarllos aos compañeiros e compañeiras do cole.

Cando os teñamos tamén quedarán expostos nos corredores do noso cole ou na Biblioteca.

Agardamos que vos gusten os nosos traballos!!!





                

                






































miércoles, 27 de noviembre de 2019

25 -N Bótalle un cabo a igualdade e a non violencia

 Unha nova carta chegou dende a Illa. Nesta ocasión o Mago Alfa contanos que hai un problema enorme .. a serea Saladina cortouse cunha lata que había no mar. Dinos que isto sucedeu por culpa dos habitantes do noso planeta que estamos a encher o mar de lixo!!!
Grazas a Dama Gris que cunha mestura de : sal, algas Nori, cunchas de santiaguiños e herbas de namorar consigue cauterizar a ferida e a serea curase. Pero aínda así, na Illa e en Isótita están moi preocupados!! Estamos contaminando o mar!! Polo que necesitan axuda!!

Tamén conta a carta que a finais de novembro, para entrar en Isótita, os habitantes levan unha pulseira de cor violeta ( cor desta cidade sumerxida). As algas nori , en Isótita, simbolizan  a non violencia e a igualdade. As empregan como alimento e  tamén as deixan secar anudadas aos troncos das árbores ou colgadas das súas pólas cando finaliza  o mes de novembro, lembrando cando se creou Isótita.


O Mago Alfa fala da importancia de pedir axuda á capitá Mariana para  salvar os océanos, polo que necesita consultar O  libro Prohibido, O Gran Libro Violeta, onde se recolle o nome das mulleres máis poderosas da Illa: Mulleres de auga, de lume, de aire e de terra.


A capitá Mariana necesita unha tripulación moi especial, polo que é necesario consultar o libro Prohibido e formar así a súa tripulación.


Nesta ocasión , o Mago Alfa coméntanos que si querermos celebrar, ao igual que na Illa, a liberdade, a igualdade e a non violencia, realicemos obxectos violetas reciclando e empregando mateirais o máis naturais posibles e escribir palabras contra a violencia de xénero neles. Desta forma, entre todos/as contruiremos un gran cabo que una Isótita coa nosa escola, e as palabras que escribimos formarán parte do Gran Libro da Illa.


Todo o cole, celebrará o día 25 de novembro seguindo as indicacións do Mago Alfa. Polo que trouxemos ,das casas, rolos de papel hixiénico para reciclar e pintar de violeta e con papeis reciclados escribimos palabras contra a violencia de xénero.


Aquí deixamos algunas fotos do noso traballo:













Con todos os rolos de papel , fixemos un gran cabo que uniu  a nosa escola con Isótita e colgamos una lona da cidade sumerxida de Isótita para simbolizar o acto.






Chegou o día!! Día 25 de novembro de 2019.


Conmemoramos o día no cole. Todo  o alumnado se xuntou na entrada e escoitamos un maravilloso discurso da mestra Damaris, que nos falou sobre a importancia de aprender a convivir.
Explicounos que aínda que somos diferentes... somos iguais, e que a base para conseguilo, versa nos tres principios de Isótita: LIBERDADE, IGUALDADE E NON VIOLENCIA!!


A  profe Cris , coa axuda dos titores/as, preparamos una canción para cantar e bailar neste día tan importante. Vivir de Rozalén e Estopa.

















miércoles, 13 de noviembre de 2019

PREPARANDO O 25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


    O vindeiro día 25 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional contra a violencia de xénero.
   No colexio faremos unha actividade para conmemorar este día tan importante, interpretando a canción de Rozalén e Estopa "Vivir".
    Aquí vos compartimos este tema musical e a letra da canción, para que a vaiades preparando. 




MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2019


     A celebración do magosto é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida.
   Nós celebramos o magosto cuns bailes no pavillón, por mor do mal tempo, e despois degustamos as castañas asadas, para rematar bailando os peóns... porque como di o refraneiro galego "Polo San Martiño, peóns ao camiño".

   Velaí tedes uns vídeos do ben que o pasamos.







martes, 12 de noviembre de 2019

Un novo reto de Illa Fantasía - A capitá Mariana



    Unha nova carta chegou dende Illa Fantasía ao noso cole para seguir coñecendo máis historias impresionantes e fantásticas sobre a Illa e sobre Isótita.



   Nesta ocasión quen nos escribiu foi Deva, a serea gardiá das emocións e das augas.
  Contounos que é mestra e que ensina galego, lingua que se fala en toda Isótita e que consideran lingua da igualdade.
  Tamén nos contou que é moi amiga do Mago Alfa, de Brúxula, de Tatanka Ská ou da Capitá Mariana.

    E falando da Capitá Mariana... dinos que O Mago Alfa a describe así...

"Forte coma un xabaril, sabia coma un unicornio."    

   Ás veces pirata... ás veces serea... muller sabia, decidida  e valente, moi compasiva e solidaria. Posúe poderes extraordinarios como a fortaleza e a intuición, fala coa natureza e domina  todas as habilidades dos animais.
    É a musa de todas as artes, e da música  en especial. Vixía que non lle falte alimento aos unicornios. 
   Muller de auga, nada sempre acompañada de tiburóns e dun Narval, o chamado Unicornio do mar. Navega nun gran Galeón dourado cun unicornio por mascarón e por bandeira ,bordada nas velas, unha grande M violeta.
    Ás veces preséntase como pirata cunha gaivota no ombreiro, outras amósase como serea cun cabaliño de mar por compañeiro, e outras como a respectada Dama Gris co seu inseparable corvo mariño de cor negra, sempre axudando  a  levar a  luz a onde hai escuridade. Por todo isto e coñecida como "A Meiga do mar". 
    É a patroa maior de todas as confradías mariñeiras da illa e tamén gobernadora de Isótita dende que foi habitada.
    Filla dun pescador e dunha mariscadora. A súa nai quedou cega de traballar día tras  día coas mareas na  area das praias, baixo o reflexo da luz do sol, na procura de navallas, ameixas, berberechos... As súas mans teñen a pel endurecida ’ de aferrarse ás rochas cando ía ao percebe. ás minchas, ós mexillóns...
    O seu pai pescaba no cerco da illa. Coas súas nasas ía ás nécoras, aos camaróns e aos polbos, tamén robalizas coa cana  e moita sardiña de arrastre co bo tempo. Tiña unha pequena embarcación chamada A Patexeira Balbina coa que comezou recollendo un cangrexo branco chamado patexo que vendía na illa como fertilizante para  hortas, xardíns e viñedos. Mais onde máis horas pasaba no mar era na súa pequena dorna chamada como a súa filla: " A Mariana" .

    Por último, Deva cóntanos que se queremos coñecer á Capitá Mariana, debemos escribirlle unha carta coa nosa familia contando :
  • O importante que é o mar na nosa vila, se hai pescadoras, lonxa, peixarías, mariscadoras, barcos, praias….
  • Onde podería atracar o seu galeón dourado "O Stella Maris ".
  • Como chegar dende o lugar onde atraque o Galeón ata a nosa escola.

        Pódense empregar fotos,debuxos… e se somos capaces de namorar a Mariana da nosa vila coas nosas cartas, pronto visitará a nosas escola.


       E... como por suposto que estamos desexando coñecer á Capitá Mariana, xa comezamos a escribir as nosas cartas coa axuda das nosas familias.

             Mariana... agardamos con entusiamo a túa visita!!!








NO COUCEIRO POLA IGUALDADE - MARISCANDO A FLOTE


   A semana pasada, mentres falabamos na clase da importancia de que exista igualdade entre homes e mulleres no mundo laboral, dous dos nosos compañeiros comentaron a historia de dúas mulleres da vila que nos impresionou moito, posto que son as únicas de todo Pontedeume que van ao marisqueo a flote.    Como ben sabedes, en Pontedeume hai moitas mulleres que se dedican ao marisqueo a pé, pero ata o día de hoxe, e polo que contan os máis antigos do lugar, só houbo tres mulleres que o fixeran a bordo dunha embarcación, o que se coñece como mariscar a flote con vara.


    A labor que fan é impresionante, non so pola dificultade de mariscar deste xeito, senón tamén por demostrarnos a todos nós que non existen traballos exclusivamente de homes ou de mulleres.



               Ademais, o noso compañeiro Saúl tamén nos trouxo unha nasa para explicar como se capturan os polbos, nécoras ou camaróns. Foi xenial escoitalos!!!




    Moitas grazas Saúl e Hugo por todo o que explicastes sobre o marisqueo en Pontedeume e sobre a igualdade.
    E grazas tamén ás familias por todo o que nos aportan.











MAIOS 2023