jueves, 28 de noviembre de 2019

Club das Letras: A narradora do deserto. 1º trimestre


 CLUB DAS LETRAS: A NARRADORA DO DESERTO
1º Trimestre
   Este ano na escola estamos levando a cabo un proxecto chamado: "O Club das letras". É un proxecto de innovación educativa co obxectivo de potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo nas área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Cada ano partirá dunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas, abordada de xeito transversal.  Para o curso 2019/2020 o tema escollido é a igualdade (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia).

Durante tres sesión consecutivas, na biblioteca do cole, a mestra Maria Cascallar (membro da BE), traballou coa aulas de terceiro a obra; A NARRADORA DO DESERTO.





Unha historia increíble que conta a vida de Amira, unha coidadora de cabras, que desexa que chegue o final do día para facer o que máis lle gusta... narrar contos!!


 



A través desta historia coñecemos outras historias como o conto: "As mil e unha noite" e a súa protagonista Sherezade (a nai de todos os contos do Mundo Oriental , que loitou pola súa vida e a das mulleres do reino a través de contar contos o Sultán do reino.)

Vimos dous vídeos na aula para comprender mellor o que imos traballando na biblioteca.



Reflexionamos sobre o papel das mulleres neste conto e sobre o que fixo Sherezade.
Foi moi interesante!!
A continuación, elaboramos unha composición de texto escrita  que podedes ver a continuación.








Outra das historias que tamén coñecemos foi a de "Simbad o mariño". Un pobre cargador do porto de Bagdad que soñaba con saír da pobreza e que se embarcou para vivir moitas aventuras e superar grandes dificultades para poder mellorar a súa situación persoal. Logo de ler as súas aventuras, fixemos unha composición escrita que podedes ver nos corredores do noso cole.








2ª SESIÓN : Nesta sesión seguimos coa lectura da historia de Amira e falamos do traballo de investigación de Sherezade e de Simbad.
Sorprendeunos moito a historia... Amira emigraba do seu pobo pola falta de nenos/as para contar historias.
Mari contounos como moitas mulleres e homes teñen que marchar das súas casas para buscar unha vida mellor deixando toda a súa vida. Visionamos un documental elaborado polo marido de Mari Cascallar onde puidemos ver esceas reais de persoas  que viaxan nunha patera e como moitos deles ás veces non sobreviven.


 

   


Nesta ocasión , tamén nos sorprendeu cunha nova investigación.

Neste caso : A LENDA DA PONTE DE PEDRA-LENDA DA PONTE DO DEMO.

Buscamos información nas nosas casas e mais na escola e aprendimos que a lenda da ponte de pedra ten moitas versións.

Nos quedamos con esta versión (premede na imaxe para coñecer a lenda).




Un compañeiro da clase ata escribiu a información na casa do avó para poder contala aos compañeiros/as.



3ª SESIÓN:  Nesta última sesión coñecemos o final da historia de Amira, un final que nos emocionou e nos fixo reflexionar sobre a situación de miles de persoas que, como Amira, sofren as consecuencias da guerra, da fame ou da seca, e que teñen que emigrar do seu pobo natal na procura dun mundo mellor, embarcándose nunha viaxe incerta e perigosa que non sempre ten un final feliz.

No caso de Amira, o seu final acaba nun centro para inmigrantes cun encontro moi especial. Pero como o libro nos encantou, e o seu final queda moi aberto, decidimos que nas aulas escribiremos distintos finais para o conto "A narradora do deserto".  E tamén, ao igual que Amira, crearemos contos e historias a partir de contos populares ou libros  que temos na biblioteca, para así poder contarllos aos compañeiros e compañeiras do cole.

Cando os teñamos tamén quedarán expostos nos corredores do noso cole ou na Biblioteca.

Agardamos que vos gusten os nosos traballos!!!





                

                






































1 comentario:

MAIOS 2023