miércoles, 25 de mayo de 2022
viernes, 20 de mayo de 2022
CLUB DE LECTURA - PAPÁ CANÍBAL
miércoles, 18 de mayo de 2022
Letras Galegas 2022
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e no colexio fixemos un vídeo sobre o tema "Terra" do grupo musical Tanxugueiras, para reivindicar a nosa galeguidade nunha data tan importante para nós.
Agardamos que vos guste!
domingo, 8 de mayo de 2022
STOP ACCIDENTES
STOP Accidentes é unha organización cidadá sen ánimo de lucro, fundada por familiares e amig@s de vítimas de sinistros de tráfico. A súa labor ten como compromiso poñer en marcha os procesos que melloren a convivencia e o respecto á vida dos demais na mobilidade cidadá.
Dende hai anos levan a cabo programas nos centros escolares para promover a educación viaria e os camiños escolares seguros.
No noso centro están a levar a cabo unha serie de actividades, que agardamos axuden á consecución dun entorno escolar máis seguro.
Así pois, o pasado 11 de febreiro levouse a cabo unha videoconferencia para falar sobre a seguridade vial co alumnao, máis concretamente na seguridade vial en Pontedeume.
A segunda das actividades foi o pasado 6 de maio, que consistiu en facer co alumnado de 3º de Primaria unhas chapas nas que tiñan que engadir algunha mensaxe relacionada coa educación viaria e a prevención de accidentes.
Esta actividade permitiu ao alumnado debatir sobre a importancia de distintos temas relacionados coa seguridade viaria no día a día, e sobre o comportamento de cada un de nós.
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Dende a biblioteca do cole chéganos unha nova propostas de Güino chamada "Contos confinados". No seguinte enlace podedes atopar to...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...