miércoles, 22 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA 2023. SEMENTEIRA DE VERSOS .PASEO DE ROSALÍA DE CASTRO.

 


     Onte celebramos o Día da poesía participando nunha actividade colaborativa con outros centros educativos da nosa vila :" Sementeira de versos".


Preparamos unhas flores nas que escribimos poesías que recitamos diante do resto de escolas. 

Nesta ocasión recitamos: 

No país das bolboretas e Unha serea Poeta de Antonio García Teijeiro.


Aquí deixamos unhas fotiños do noso día:







lunes, 20 de marzo de 2023

CLUB DE LECTURA . ALMA DE ELEFANTE. ANDREA MACEIRAS. 20 DE MARZO DE 2023



CLUB DE LECTURA DE 4º 



Hoxe tivemos unha visita moi esperada polo alumnado de 4º. Veu a visitarnos Andrea Maceiras , a autora do libro: Alma de Elfante que estivemos lendo no Club de lectura.






Comezamos escoitando a estupenda historia das orixes da obra e as súas viaxes. Logo fixemos preguntas sobre as nosas inquedanzas e curiosidades lo libro.






Agasallamos a autora cos nosos traballos plásticos e cun video que mostramos a continuación , onde comentamos as nosas opinións sobre a súa obra:


  

                   GRAZAS ANDREA MACEIRAS POR ESTA OBRA TAN ESPECIAL!!









 

lunes, 6 de marzo de 2023

RADIO NA ESCOLA!!

 

RADIO NA ESCOLA

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) no ano 2012. A radio é, neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século.

No couceiro seguimos a dar pasiños para poñer en funcionamento a nosa radio. Xa queda menos!



XA TEMOS NOME DA RADIO DO COUCEIRO

 































ENTROIDO NO COUCEIRO 2023.

 

VIDEO DA ACTUACIÓN





                                                     PASARRÚAS DO ENTROIDO

 





QUEIMA DO MECO







MAIOS 2023