jueves, 29 de octubre de 2020

COMEZAN AS FESTAS : SAMAÍN E MAGOSTO 2020



Boas rapazada de cuarto!!

Chegou o outono, e con esta estación na nosa escola sabedes que comezan as festas! A primeria delas é...

                                          O Samaín!

No cole estamos todas as aulas traballando moito. Dende a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  envíannos propostas moi chulas para aprender moito do Samaín.
Aquí vos deixamos o enlace ao blog da biblioteca.



Como sabedes, o venres 30 de novembro celebramos esta festa. A biblioteca invitamos a levar a cabo:
                                                    As lecturas ás escuras!!    



Lectura ás escuras 2020


Nas aulas esta semana limos dúas obras da temática que estamos a traballar!!

O profe Nando e a mestra Lydia, durante as horas de lectura, lemos ao noso alumnado  estas dúas obras!!


En 4º A  lemos MORTIÑA!!


Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?



En 4º  B lemos  OS ESQUELETOS DIVERTIDOS .




“Os esqueletos divertidos” é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío.



Outra das festas que estamos a preparar é o MAGOSTO!!

 O equipo de dinamización da Lingua Galega propúxonos ás aulas de cuarto que elaborásemos un traballo sobre o Magosto.

Nós tamén propuxemos ao noso alumnado o traballo e cada alumno/a decidiu que tipo de traballo querían facer. 
Algúns fixeron traballos escritos e outros fixeron os vídeos que a continuación podedes visualizar.

VIDEOS DE 4ºA



 














 




 VIDEOS DE 4º B
















jueves, 22 de octubre de 2020

SAÍDA POLA VILA: EXPOSICIÓN 750 ANOS CONSTRUÍNDO A HISTORIA DE PONTEDEUME


Hoxe foi un día moi especial para os 4º de E.P. Fixemos unha saída pola nosa vila!

Estabamos moi nerviosos/as porque dende o curso pasado non volvimos a ter a oportunidade de facer unha saída todos/as xuntas. Polo tanto, foi un día emotivo e diferente dentro desta "nova normalidade" que nos toca vivir.

Como xa sabedes, estamos a traballar no PDI do cole, que este ano está adicado a Pontedeume, polo que necesitamos mergullarnos en coñecementos de todo tipo para levar a cabo a misión que nos encomendou  Güino e facer os nosos anuncios publicitarios da nosa vila .


Nesta ocasión, fomos á Exposición: "750 anos construíndo a Historia de Pontedeume"



Video da Exposición Vimeo ( preme no enlace para ver un resumo da exposición)


Cando chegamos á Casa da Cultura da vila nos estaba agardando Silvia, historiadora da vila que de forma sinxela e moi agarimosamente nos explicou un montón de cousas sobre a historia de Pontedeume. 

No seguinte enlace, tedes fotos da saída.  Disfrutade!!


CREAMOS A NOSA EMPRESA DE PUBLICIDADE: PDI " A NOSA VILA"


Este ano o PDI da nosa escola ten como temática: A nosa vila, Pontedeume. En relación á conmemoración dos 750 anos da fundación da vila.




Güino, a mascota da nosa biblioteca, enviounos unha carta na que nos propuxo un reto. Dito reto consiste en convertirnos nunha empresa de publicidade coa finalidade de promocionar a nosa vila pola sus riqueza cultural, artística...




Aceptamos o reto encantados/as e puxémonos mans á obra!

O primero que fixemos foi crear cada aula o nome e logotipo que nos represente como Empresa Eumesa.

Para iso, cada neno/a elaborou un modelo, e na clase fixemos unha votación. Para ver os distintos modelos preme nos seguintes enlaces.


Despois da votación, chegou o momento máis esperando. Xa temos o nome da nosa empresa de publicidade e Güino aparece moito nas nosas creacións.

Aquí tedes os dous nomes.

Cuarto A



Cuarto B





MAIOS 2023