Este ano o PDI da nosa escola ten como temática: A nosa vila, Pontedeume. En relación á conmemoración dos 750 anos da fundación da vila.
Güino, a mascota da nosa biblioteca, enviounos unha carta na que nos propuxo un reto. Dito reto consiste en convertirnos nunha empresa de publicidade coa finalidade de promocionar a nosa vila pola sus riqueza cultural, artística...
Aceptamos o reto encantados/as e puxémonos mans á obra!
O primero que fixemos foi crear cada aula o nome e logotipo que nos represente como Empresa Eumesa.
Para iso, cada neno/a elaborou un modelo, e na clase fixemos unha votación. Para ver os distintos modelos preme nos seguintes enlaces.
cuarto A
Despois da votación, chegou o momento máis esperando. Xa temos o nome da nosa empresa de publicidade e Güino aparece moito nas nosas creacións.
Aquí tedes os dous nomes.
Cuarto A
Cuarto B
No hay comentarios:
Publicar un comentario