miércoles, 28 de noviembre de 2018

NOVO RETO !!Tipi indio



Xa conseguimos os retos que nos encomendou  Illa Fantasía: fixemos o atrapasonos e construímos a gran chave contra a violencia de xénero .

O luns 26 de novembro, chegou as nosas aulas , unha carta moi chula..  de Illa Fanstasía..un  novo reto debemos cumplir:
  • construir un tipi e aprender unha canción india .
Debemos facelo antes de que cheguen a lúas chea de largas noites.. porque virá Tatanka Ská e debemos prepararnos para recibila.Polo que comezamos por aprender a canción:


lunes, 19 de noviembre de 2018

Grazas Roi pola túa mensaxe.

 

   Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, uns dos nosos alumnos trouxo á aula unha caixa turca enigmática cunha mensaxe moi importante que nos fixo reflexionar a todos. Moitas grazas Roi.




jueves, 15 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018



O luns , 12 de novembro , celebramos na escola o Magosto.
Aquí tedes a canción e o baile que fixemos toda a  escola.Foi xenial!!



ILLA FANTASÍA :PECHA A PORTA Á VIOLENCIA.TI ES A CHAVE.DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25-N 2018




O Mago Alfa escribiunos unha carta dende Boca de Lobo,en Illa Fantasía.
Contounos que en Boca de Lobo hai unha praia  e nela hai unha furna pechada cun seixo branco.Din que unha xefa india , pechou esa cova , pois oculta un gran segedo.
Os cabaleiros, damas, piratas, bruxas.. viaxan a esa praia tentando mover o seixo e descubrir o misteriosa furna, mais aínda ninguén foi quen de a mover.

Todo o mundo pode ir visitar a praia e tentar entrar na cova, tan só esta norma débese respectar:

SE A PRAIA VIOLETA QUERER ENTRAR, UNHA CHAVE AS DE LEVAR


Pidenos que levemos dúas chaves a escola:
  •  unha para construir unha gran chave mestra entre todos/as.
  • e a segunda ,para facer un colgante para levar sempre contigo
Tamén estamos preparando unha canción para cantar e estamos traballando sobre ela.Aquí a podedes escoitar:



martes, 6 de noviembre de 2018

Samaín 2018



   A continuación vos deixamos un enlace á paxina web do cole,  para que vexades as cabazas que fixemos este ano no Couceiro. 




   E tamén vos deixamos unhas imaxes dun mural que realizamos os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria, no cal ademáis de cabazas, tamén podedes ver caveiras nas que escribimos por que nos gusta tanto celebrar o Samaín.


  
                   
 

                   
 


lunes, 5 de noviembre de 2018

CIENCIAS SOCIAS .IDADE ANTIGA



En ciencias socias estamos aprendendo moito sobre a  historia. Neste momento tocanos a Idade Antiga. Centrarémonos nos Iberos, celtas e romanos.
Aquí deixamos uns videos moi divertidos:




ILLA FANTASÍA -2018. " BOCA DE LOBO" 1º RETO CONSEGUIDO



Dende Illa Fantasía unha carta nos chegou  e o noso primeiro reto era o seguinte:

A túa clase nunha tribu converterás e un nome lle darás, e ademaís o teu nome indio inventarás....


NOMES DAS AULAS
4º A: PLUMA DE HALCÓN AMIGA- WIYACA CETÁN  LAKOTA
4ºB: FAMILIA DORADA-TIOSPAYE MAZASKAZI



MAIOS 2023