miércoles, 26 de diciembre de 2018

FESTIVAL DE NADAL 2018


   Outro ano máis, o Festival de Nadal do Couceiro Freijomil foi todo un éxito.

   Velaí vos deixamos os vídeos de todas as actuacións para que botedes unha ollada.

    Agardamos que vos gusten!!!


PDI "BO PROVEITO" - 1º TRIMESTRE


 Como xa sabedes, este curso escolar estamos a realizar o PDI relacionado coa alimentación denominado...

 

   No noso caso, comezamos investigando sobre un pintor italiano que utilizou todo tipo de alimentos e produtos da natureza para elaborar as súas fermosas obras, Giuseppe Arcimboldo. (Preme na imaxe para saber máis)

 Preme na imaxe para saber máis sobre Arcimboldo

   E despois de coñecer algúns dos traballos de Arcimboldo, fixemos actividades de expresión oral e escrita utilizando as súas obras.




























   Ademáis de traballar sobre as impresionantes obras de Arcimboldo, tamén estivemos a investigar sobre as froitas e verduras de tempada e a súa importancia para a nosa saúde. (Preme na imaxe)

 Preme na imaxe para ver información sobre os alimentos de tempada outono-inverno


 Polo Samaín, elaboramos contos de medo nos que os alimentos foron os principais protagonistas...


       


























   Por suposto, tamén fixemos receitas para a actividade "O prato do mes", e para un libro de receitas de outono realizado por todos os cursos deste cole e que estará na biblioteca escolar nos vindeiros días.








   Ademáis, tamén participamos no concurso de almanaques de peto, nos cales a temática deste ano foi a alimentación. En ditos almanaques, escribimos frases relacionadas coa alimentación e a saúde ou sacadas do refraneiro popular galego e que tiñan que ver co bo comer.

 Preme para ver información sobre a actividade "Almanaques de peto



   E con almanaque novo para o 2019, agardamos seguir investigando e traballando no noso PDI deste curso escolar... Bo proveito a tod@s!!!








martes, 18 de diciembre de 2018

VISÍTANOS ALEJANDRA BELLÓN - AUTORA DO POEMARIO "SEÑARDADE"


   Hoxe recibimos no noso cole a visita de  Alejandra Bellón, poetisa eumesa que nos veu a presentar o seu novo libro de poemas "Señardade".

   Falounos do significado do termo señardade e de por qué o elixiu para o título do seu poemario, dos seus inicios como escritora, do poeta e a poetisa que a inspiraron e inspiran dende moi nova a cada instante, leunos e analizamos poemas fermosos nos que fala da vila de Pontedeume, das súas xentes, das tradicións, das festas, das lendas desta vila... pero sobre todo nos deixou moi claro que si temos un soño que queremos que se cumpra... non podemos rendernos endexamais na loita por conseguilo.

   Grazas Alejandra Bellón pola túa visita, e tamén polos teus poemas sobre esta fermosa vila. 













PROXECTO INTERCENTROS - O SISTEMA SOLAR


   Este curso, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, estamos a participar nun proxecto intercentros sobre o Sistema Solar.

   A nós tocanos investigar sobre Plutón, e a primeira actividade consistía en enviar unha carta aos demais planetas e ao Sol para presentarnos como "plutonianos", os habitantes do planeta anano máis afastado. 

   Primeiro comezamos investigado sobre Plutón e as súas características...






   Despois escribimos os fragmentos da carta...





   
   E por último, xuntámonos na  biblioteca os cursos participantes para ler as nosas cartas e unilas para enviarllas ao resto de colexios participantes. 

   Agora agardamos impacientes as cartas dos outros planetas, e por suposto tamén do Sol.











MAIOS 2023