Este curso, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, estamos a participar nun proxecto intercentros sobre o Sistema Solar.
A nós tocanos investigar sobre Plutón, e a primeira actividade consistía en enviar unha carta aos demais planetas e ao Sol para presentarnos como "plutonianos", os habitantes do planeta anano máis afastado.
Primeiro comezamos investigado sobre Plutón e as súas características...
Despois escribimos os fragmentos da carta...
E por último, xuntámonos na biblioteca os cursos participantes para ler as nosas cartas e unilas para enviarllas ao resto de colexios participantes.
Agora agardamos impacientes as cartas dos outros planetas, e por suposto tamén do Sol.
👏
ResponderEliminar👏
ResponderEliminar