Hoxe recibimos no noso cole a visita de Alejandra Bellón, poetisa eumesa que nos veu a presentar o seu novo libro de poemas "Señardade".
Falounos do significado do termo señardade e de por qué o elixiu para o título do seu poemario, dos seus inicios como escritora, do poeta e a poetisa que a inspiraron e inspiran dende moi nova a cada instante, leunos e analizamos poemas fermosos nos que fala da vila de Pontedeume, das súas xentes, das tradicións, das festas, das lendas desta vila... pero sobre todo nos deixou moi claro que si temos un soño que queremos que se cumpra... non podemos rendernos endexamais na loita por conseguilo.
Grazas Alejandra Bellón pola túa visita, e tamén polos teus poemas sobre esta fermosa vila.
Gracias a todos vos!! Momentos fermosos que gardarei con moito agarimo. Paseino xenial!!
ResponderEliminarGracias a Alejandra pola sua colaboración
ResponderEliminar