lunes, 31 de mayo de 2021

Club de lectura do libro "O misterio dos fillos de Lúa". Encontro virtual coa autora Fina Casalderrey.

 

O  CLUB DE LECTURA CHEGA AO SEU FÍN  CO DESEXADO

 ENCONTRO VIRTUAL COA AUTORA...

 FINA CASALDERREY


    Fina Casalderrey é unha escritora galega que acadou en pouco tempo un amplo recoñecemento pola súa obra. 

    Co libro "O misterio dos fillos de Lúa" gañou o "Premio O Barco do Vapor" no ano 1994 e o "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" en 1996.

   Neste libro Fina Casalderrey conta a historia de David, Branca e a súa gata Lúa. A Lúa desaparécenlle os gatiños ao día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. Quen lle leva os fillos a Lúa? David non o entende. Pero el e a súa amiga Branca van investigar este misterio, e non van parar ata dar coa resposta.
   A vida está chea de misterios. Para descifralos, cómpre abrir ben os ollos e non facer caso das aparencias!

Para todos nós, tanto ler o libro coma facer o encontro coa autora foi unha experiencia moi agradable e divertida.

Aquí vos deixamos unhas fotiños dese día.
























                     

domingo, 30 de mayo de 2021

ACTIVIDADES DO PLAN DE BENESTAR 2020-2021. EDUCACIÓN EMOCIONAL.

 

ACTIVIDADES DO PLAN DE BENESTAR 2020-2021. 

EDUCACIÓN EMOCIONAL         

    Chegamos ao último trimestre do curso e o alumnado de 4º segue a realizar actividades de educación emocional, neste caso concreto do Plan de Benestar da Xunta de Galicia 2020-2021.

  4ºA e 4ºB realizamos catro actividades de cada un dos bloque que a Consellería de Educación contempla dentro deste plan de Educación emocional.

    As catro actividades son:

  • Superpoder.
  • Un paseo relaxante
  • En equipo máis fortes
  • Pechando os ollos.

 1º ACTIVIDADE :SUPERPODER .




    Esta actividade ten como finalidades a idenficación emocional, empatía, escoita activa e a comunicación expresiva.

    Todos temos nalgún momento o soño de ter un superpoder que nos confira esas posibilidades sobrehumanas que nos fagan sentir seres especiais. Entra en xogo a nosa creatividade para abandonarnos á nosa imaxinación. Aquí vos deixamos algunhas fotos deste actividade:







EXPOSICIÓN VIRTUAL 

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS DE 4º A E 4º B

                    






2º ACTIVIDADE: PECHANDO OS OLLOS




    Esta actividade ten como finalidades: Empatía, toma de conciencia das propias emocións, escoita activa, comportamento prosocial e cooperación, expresión de emocións, fluír...

     Pedímoslles  que pechasen os ollos para concentrarse na música relaxante. Mentras lles limos :

 “Pensa nunha persoa á que admires ou algún acontecemento que chamase a túa atención. Identifica quen é, por que o admiras, que poderías aprender desa persoa e como poderías dicirllo. Pensa nisto durante uns segundos e unha vez que remates de identficar a persoa, persoas e feitos, abre os ollos e agarda a que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén abran os ollos. Non te esquezas da persoa ou feito na que pensaches”. 

Posteriormente fixemos a entrega ao alumnado dunhas tarxetas  nas que xa se lee “A persoa que máis admiro é…” ou ben “Quero agradecer…”  que cumplimentaron moi concentrados/as.


4ºA










4ºB






















    NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS MÁIS ACTIVIDADES DO PLAN DE BENESTAR... AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN.


lunes, 24 de mayo de 2021

Saída por Pontedeume.



SAÍDA POR PONTEDEUME



Aquí vos  deixamos un video resumen da saída que fixemos polo concello .

4ºA E 4º B




 

viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS." 4ºA E 4ºB A DIARIO."

   Este ano, a Real Academia Galega, acordou renderlle homenaxe a Xela Arias no Día das Letras Galegas.

  Xela Arias é definida en moitas ocasións coma unha voz singular, transgresora e compormetida. Representante dunha xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega, e que foi pioneira na tradución de clásicos internacionais.


   Entre toda a súa obra atópase o libro "Darío a Diario", editado por Xerais no ano 1996. Dito libro é unha colección de poemas nos que Xela Arias vai contando a súa experiencia coa maternidade, e que adica ao seu fillo Darío. 



   Dentro do libro "Darío a diario" atopamos un fermoso poema que nos encantou, e co cal decidimos facer os seguintes vídeos. 

   Neles aparecen as nosas voces recitando o poema, e tamén se poden ver fotografías de persoas moi especiais para nós. 

   Agardamos que vos gusten!!!











Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.

Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.

Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.

Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.

Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.

Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.

"Xela Arias"



MURAL DE XELA ARIAS


   As nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria adoitabamos facer os decorados para o Festival das Letras Galegas que se celebra cada ano no noso cole. 

   Este ano, ao non ser posible a realización de dito festival, propuxemos unha actividade para todos os cursos de Infantil e Primaria. Consistía na realización de catro probas relacionadas con Xela Arias para realizar ao longo da semana dentro das aulas, e conseguir así unha pezza dun quebracabezas tamaño xigante que, unha vez completo entre todos e todas, formaría un mural que quedará exposto nunha das cortizas do cole. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade. Agardamos que vos gusten.

 






































MAIOS 2023