miércoles, 22 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN 2022

 

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Parabéns a todos e todas polo voso traballo!



    Como xa sabedes, este curso traballachedes moito e ben, polo que o mestre Nando e a mestra Lydia estamos moi contentos e satisfeitos, tanto con vós como coas vosas familias, pola implicación, dedicación e compromiso coa escola.

Todos os anos ao rematar a escola, acostumamos facer unas recomendacións de traballo para o verán... así que velaí van:

  • É importante pasar tempo en familia, pasear por espazos abertos e na natureza, disfrutar do bo tempo, xogar, rir e sobre todo pasalo moi ben rodeado de familiares, amigas e amigos.

  • Como sempre, lembramos a importancia da lectura de todo tipo de textos que vos gusten, tanto en castelán como en galego.

  • Tan importante como ler ben é  entender o que lemos, polo que animamos a que vos fagan preguntas e que teñades que contar, explicar ou escribir pequenos resumos do que ledes.

  • Na área de matemáticos, é importante que repasedes as táboas de multiplicar e que fagades operacións (tanto multiplicacións como divisións entre unha cifra ) para que non se vos  esquezan.

  • E para rematar, é moi importante a resolución de problemas para reforzar a comprensión e o pensamento lóxico.


A continuación, deixamos tamén uns enlaces a páxinas web onde podedes atopar recursos para repasar:

http://mestreacasa.gva.es/web/manes_mil/24#

http://www.rinconmaestro.es/index.html

http://www.rinconmaestro.es/lengua/comprension.html

https://www.orientacionandujar.es/2017/06/12/coleccion-problemas-matematicas-3-primaria/

https://www.orientacionandujar.es/tag/tercero-de-primaria/

 

BO VERÁN!!!


 

 

MAIOS 2023