lunes, 28 de mayo de 2018

SESIÓN DIDÁCTICA NO CONSERVATORIO XAN VIAÑO DE FERROL


O pasado venres 25 de maio realizamos unha saída ao Conservatorio de Música de Ferrol - Xan Viaño para presenciar unha sesión didáctica na que puidemos gozar dunha adaptación do conto de Carapuchiña Vermella. Nela, o cazador é o malo do conto,  e Carapuchiña é a encargada de salvar aos animais do bosque, entre os que se atopa o lobo.

Dita representación estivo acompañada por música en directo a cargo dos mestres do conservatorio. Escoitamos clarinetes, violíns, percusionistas, piano,... que interpretaron música de Vivaldi, Tchaikovsky, Strauss ou a marcha imperial de Star Wars de Willians, entre outras.

Velaí vos deixamos unhas fotos...











lunes, 21 de mayo de 2018

KUMANANÁ! ISLA FANTASÍA


Estes días estamos a practicar o Kumananá! un baile que bailaremos con nenos/as de outras escolas que asistirán o III Encontro de Illa Fantasía.
Aquí tedes unha pequena mostra :




sábado, 12 de mayo de 2018

VISITA DE BRÚJULA - "BURANGANDAUN"


  O venres 11 de maio recibimos unha visita moi especial... Brújula de "Illa Fantasía". A verdade é que sempre que nos visita o pasamos xenial e facemos cousas impresionantes, ademais de coñecer de primeira man como están as cousas pola Illa.

   Nesta ocasión veunos a ensinar como facer "Burangandauns" de cores nos que escribir os nosos desexos e facelos voar para que estes se fagan realidade.

   Foi unha mañá espectacular!!!

   Grazas Brújula... ímos botarte moitísimo de menos. 

   Millóns de bicos dos nenos e nenas do CEIP Couceiro Freijomil.




miércoles, 9 de mayo de 2018

VIDA E OBRA DE MARÍA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS 2018


   Hoxe os nenos e nenas de 3º estivemos coñecendo un pouco máis sobre a vida e a obra da escritora á que se lle adican as Letras Galegas deste ano, María Victoria Moreno.
 

domingo, 6 de mayo de 2018

EUMEOLIMPIADAS 2018


   Os alumn@s de 3º a 6º de primaria dos centros educativos eumeses, reunímonos ao longo da última semana de maio para participar nas tradicionais Eumeolimpiadas.

   Estas xornadas lévanse celebrando dende hai moitos anos coa finalidade de convivir a través do xogo cos nosos compañeiros/as doutros colexios do Concello de Pontedeume.

   Velaí vos deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos.
​   

miércoles, 2 de mayo de 2018

MAIOS 2018



O  día  30 abril celebramos na escola Os Maios. Aquí deixamos un video moi chulo sobre ese día:



 O maio de 1ª , 2º e 3º gañou o segundo premio no Concurso dos Maios . Noraboa a todos/as!!

MAIOS 2023