O pasado venres 25 de maio realizamos unha saída ao Conservatorio de Música de Ferrol - Xan Viaño para presenciar unha sesión didáctica na que puidemos gozar dunha adaptación do conto de Carapuchiña Vermella. Nela, o cazador é o malo do conto, e Carapuchiña é a encargada de salvar aos animais do bosque, entre os que se atopa o lobo.
Dita representación estivo acompañada por música en directo a cargo dos mestres do conservatorio. Escoitamos clarinetes, violíns, percusionistas, piano,... que interpretaron música de Vivaldi, Tchaikovsky, Strauss ou a marcha imperial de Star Wars de Willians, entre outras.
Velaí vos deixamos unhas fotos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario