miércoles, 31 de enero de 2018

O CICLO DA AUGA


   A auga na natureza móvese continuamente dun lugar a outro. Realiza unha longa viaxe circular en que cambia de estado moitas veces. Esta longa viaxe sen principio nin fin é O CICLO DA AUGA.

  

jueves, 25 de enero de 2018

A AUGA NO PLANETA! OS ESTADOS DA AUGA. CAMBIOS DE ESTADO


COMEZAMOS A INVESTIGAR !



No primeiro trimestre, Güino encomendounos explorar novos territorios polo que poñemonos mans a obra!!Pensamos que para ser un bo explorador, deberíamos investigar sobre algúns  que sexan importantes na historia e tomalos como exemplo.


Así comezaremos con Cristobal Colón e Marco Polo . Aquí tedes unha imaxe de cada un :



Cristóbal Colón

Marco Polo



Aqui deixamos uns videos que resumen a vida de ambos exploradores:


Marco Polo:










Cristóbal Colón:







 Presentación con información sobre Marco Polo:



miércoles, 24 de enero de 2018

O Nautilus.


A próxima semana iremos de excursión a Casa dos Peixes  e a Torre de Hércules.

Nas aulas de terceiro A e B traballamos un montón para estar preparados para a saída. O outro día estudamos sobre a Torre de Hércules e hoxe na a clase lemos a historia de: 20.000 leguas baixo dos mares segundo a novela de Jules Verne .Edicións Bahía, porque na Casa dos peixes pasaremos por o Nautilus.

Lectura da aula



Debuxo do Nautilus.





viernes, 19 de enero de 2018

ESPECIES MARIÑAS QUE HABITAN NAS COSTAS GALEGAS



    Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae.

    Estamos convencidos de que aprenderemos unha morea de cousas, pero mentres non chega o día, podemos ir explorando e investigando sobre algunhas das especies que viven nas nosas costas, e que nos podemos atopar cando saiamos a explorar novos territorios.

    Velaí van unhas imaxes...










   Como podedes ver, os nomes están en castelán. Saberiades como se chaman estes animais en galego?

    Podedes atopar máis información na seguinte guía. Nela aparece o nome de cada especie en latín, cstelán e galego. Tamén aparece información sobre as súas cacarterísticas, e unha imaxe. Deste modo, si algunha vez saídes a navegar... sempre poderedes saber que animais vos rodean.

    Boa viaxe!!



    






miércoles, 17 de enero de 2018

A TORRE DE HÉRCULES.-PATRIMONIO DA HUMANIDADE





Hoxe nas aulas de terceiro A e B traballamos a lenda de Xerión e Hércules.Quedamos abraidos con esta lenda!!será certo, será mentira... xa sabedes as lendas son lendas..







O que si sabemos e que é a Torre de Hércules existe e que está na Coruña!!

Video da Torre de Hércules.


martes, 16 de enero de 2018

A NOSA ROSA DOS VENTOS: ALÉN DO MAR!

Nalgúns lugares de Galicia e do mundo, pola súa importancia ou traxectoria en relación ao mar, teñen nos seus xardíns ou preto de monumentos emblemáticos a “Rosa dos ventos”.

Preto de nós atopamos algunhas, como por exemplo en Ferrol, preto do Museo Naval, ou na Coruña, a carón da Torre de Hércules. Aquí podedes ver unhas imaxes:





Nas clases de 1º, 2º, 3º e 4º, traballamos moito sobre a rosa dos ventos: investigamos sobre quen a inventou, manipulamos o compás para poder situar os puntos cardinais, debuxamos a rosa dos ventos e un longo, etc...

Incluso dende Illa fantasía, “Brújula” cando veu polas aulas, nos ensinou a colocar os puntos cardinais coa axuda do compás, e deixounos uns unicornios preciosos para marcalos.

Pero… como todos “Somos un cos demais”, decidimos facer unha actividade colaborativa. E xa que estudamos que os lugares que teñen un traxectoria importante co mar teñen unha rosa dos ventos, a nosa escola tamén terá unha!

E para rematar, como nesta actividade foi moi importante o que aprendemos con ”Brújula”, decidimos poñela na nosa rosa dos ventos, marcando o Norte para non perdelo!!

Aquí deixamos unha foto para que a vexades. Desexamos que vos guste tanto como a nós!





DISFRACES DE ENTROIDO!!



Xa está aqui!! Xa chegou!!  O Entroido!!


Como ben sabedes este ano, estamos facendo un proxecto sobre o mar ,"Alén do mar", polo que nos disfrazaremos sobre esta temática.

O mar é territorio de aventuras.. e nos este ano somos auténticos exploradores de novos territorios ..polo que  seremos "Os piratas do Couceiro" para ter  ben vixiada a nosa ría e poder seguir aprendendo!! polo que necesitamos a vosa colaboración.

A continuación, comentamos varias posibilidades para o disfraz.

Proposta de disfraz para os nenos/as de 3º e 4º:








 Na aula , realizamos un gorro de pirata e un loro .Da casa podedes traer cousiñas : parche do ollo,pata de pau,pistola, espada.. non é necesario mercar nada, podese facer con materiais ou cousiñas que teñades na casa .

MAIOS 2023