miércoles, 22 de mayo de 2019

FILOSOFAMOS CON GOYA!!




 O  2º trimestre estivo cheo de actividades!! Unha delas foi as sesións que levamos a cabo de "Filosofía para nenos/as" e que rematou este mes de maio.

As finalidades destas sesións de traballo son:

      • desenvolver e exercitar  a capacidade de razoar.
      • desenvolver o pensamento crítico.
      •  amiliarizarse coa práctica do pensamento cuidadoso do outro.
      • desenvolver a súa capacidade para encontrar sentido na experiencia (descubrir conexións, ofrecer razóns; descubrir relacións parte-todo; detectar incoherencias...)
É necesario que o alumnado  se prepare para pensar por sí mesmos/as, co fin de que poidan participar activamente na sociedade na que viven, e o mesmo tempo, favorecer o seu propio crecemento creativo. De xeito que poidan convivir na sociedade que viven.

A obra que traballamos é ; Muchachos trepando a un árbol de Francisco de Goya.

O valor que traballamos o longo das sesións foi a cooperación.


Resultado de imaxes para niños treaoando arbol de goya


Na 1º e 2º sesión traballamos habilidades de percepción e de investigación a través  das seguintes preguntas:

Algunhas son:
  • Que vedes?
  • Coidades que son nenos/as actuais? Por que?
  • Que poden estar facendo?
  • Como credes que se sinten? Por que?

Algunhas das respostas do noso alumando son as seguintes:

...."un home que está mirando unha árbore...
..."non son nenos actuais porque teñen a roupa rota...
...parece que están enfermos...
intentan coller algo....
... síntense cansados....vese na cara...
.....está pedindo perdón os seus pais...


En cada unha das sesións, ao  rematar o alumnado completaba unha ficha na que faltaba un trozo da obra.
Aquí deixamos algúns exemplos:












Na 3º sesión mostrabamos toda a lámina o noso alumnado coa finalidade de traballar habilidades de conceptualización e análise; e habilidades de razoamento:

Algunhas das preguntas que  fixemos son:
  • Para cooperar que necesitamos?
  • Se non se axudan que podería pasar?
 Na 4º sesión  traballamos habilidades de traducción e formulación, a traves  da creación dun conto tendo como base o cadro de Franscisco de Goya.









A 5º sesión levouna a cabo o mestre de Educación Física. Buscaron a ubicación ideal para representar o cadro de Goya, traballando así habilidades de traducción e formulación.
Unha vez feito, formáronse grupos de tres alumnos/as e representaron a pequena historia con todo o que podería haber pasado previamente, no momento de subirse a árbore e que pasou posteriormente.
Plasmouse en en fotografías o momento do cadro e comparamos as representacións dos grupos.




















 Na 6º e última sesións levouse a cabo a sesión de avaliación: Neste caso tiñamos que pensar con cal das tres imaxes de abaixo nos sentíamos máis identificados e por que. 




























domingo, 19 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019




 O xoves 16 de maio estivo repleto de fermosas actividades destinadas a homenaxear o "Día das Letras Galegas". 

  A continuación vos deixamos dous enlaces nos que podedes consultar toda a información relativa ao día de hoxe nos blogs da biblioteca e o do equipo de dinamización da lingua galega do noso cole.

  Agardamos que vos guste.



     

UN MAR DE MUIÑEIRAS


UN MAR DE MUIÑEIRAS

   Este curso escolar, os nenos e nenas de 4º, coa axuda dos nosos titores Lydia e Nando, e das mestras Ilenia, Silvia, Elena e Paula. Participamos na actividade "Un mar de muiñeiras", que estivo organizada polo CFR de Ferrol.

   Un mar de muiñeiras é unha acción educativa coa pretensión de reivindicar a danza galega na escola, e ao tempo homenaxear as letras galegas no 2019, adicadas ao mestre da etnografía galega Antonio Fraguas.

   Velaí vos deixamos algunhas fotos e o vídeo da actividade.











O MEU BODEGÓN EUMÉS



OS NOSOS BODEGÓNS EUMESES

   Xa se poden ver no corredor do cole os nosos bodegóns en homenaxe ao pintor eumés Abelardo Miguel e á vila de Pontedeume.

   Neles aparecen distintas paisaxes ou lugares que son importantes para nós, repletos de alimentos saudables.

     Agardamos que vos gusten.


     
                

                







     

miércoles, 15 de mayo de 2019

Maios 2019



   Preme na imaxe para enlazar ao blog da biblioteca, onde podes consultar a celebración dos maios deste ano.

   Agardamos que vos guste.












MAIOS 2023