miércoles, 22 de mayo de 2019

FILOSOFAMOS CON GOYA!!




 O  2º trimestre estivo cheo de actividades!! Unha delas foi as sesións que levamos a cabo de "Filosofía para nenos/as" e que rematou este mes de maio.

As finalidades destas sesións de traballo son:

      • desenvolver e exercitar  a capacidade de razoar.
      • desenvolver o pensamento crítico.
      •  amiliarizarse coa práctica do pensamento cuidadoso do outro.
      • desenvolver a súa capacidade para encontrar sentido na experiencia (descubrir conexións, ofrecer razóns; descubrir relacións parte-todo; detectar incoherencias...)
É necesario que o alumnado  se prepare para pensar por sí mesmos/as, co fin de que poidan participar activamente na sociedade na que viven, e o mesmo tempo, favorecer o seu propio crecemento creativo. De xeito que poidan convivir na sociedade que viven.

A obra que traballamos é ; Muchachos trepando a un árbol de Francisco de Goya.

O valor que traballamos o longo das sesións foi a cooperación.


Resultado de imaxes para niños treaoando arbol de goya


Na 1º e 2º sesión traballamos habilidades de percepción e de investigación a través  das seguintes preguntas:

Algunhas son:
  • Que vedes?
  • Coidades que son nenos/as actuais? Por que?
  • Que poden estar facendo?
  • Como credes que se sinten? Por que?

Algunhas das respostas do noso alumando son as seguintes:

...."un home que está mirando unha árbore...
..."non son nenos actuais porque teñen a roupa rota...
...parece que están enfermos...
intentan coller algo....
... síntense cansados....vese na cara...
.....está pedindo perdón os seus pais...


En cada unha das sesións, ao  rematar o alumnado completaba unha ficha na que faltaba un trozo da obra.
Aquí deixamos algúns exemplos:












Na 3º sesión mostrabamos toda a lámina o noso alumnado coa finalidade de traballar habilidades de conceptualización e análise; e habilidades de razoamento:

Algunhas das preguntas que  fixemos son:
  • Para cooperar que necesitamos?
  • Se non se axudan que podería pasar?
 Na 4º sesión  traballamos habilidades de traducción e formulación, a traves  da creación dun conto tendo como base o cadro de Franscisco de Goya.









A 5º sesión levouna a cabo o mestre de Educación Física. Buscaron a ubicación ideal para representar o cadro de Goya, traballando así habilidades de traducción e formulación.
Unha vez feito, formáronse grupos de tres alumnos/as e representaron a pequena historia con todo o que podería haber pasado previamente, no momento de subirse a árbore e que pasou posteriormente.
Plasmouse en en fotografías o momento do cadro e comparamos as representacións dos grupos.




















 Na 6º e última sesións levouse a cabo a sesión de avaliación: Neste caso tiñamos que pensar con cal das tres imaxes de abaixo nos sentíamos máis identificados e por que. 




























No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023