jueves, 24 de enero de 2019

TATANKA SKÁ DE NOVO NAS NOSAS AULAS.SOMOS DE CORES




O venres 21 chegou Tatanka Ská de novo as nosas aulas.Nesta ocasión contounos un montón de cousas pero o que máis nos  gustou foi que ensinounos como podiamos pedir a súa pluma máxica polos nosos seres queridos e sobre todo que nos respetemos uns a outros e teñamos pensamentos positivos de tolerancia, respeto, cooperación e de coidado de uns polos outros.
Tamén ensinounos a bailar a súa canción; foi moi divertido.E por último, entregou os nenos/as que conseguiron o reto do pasaporte da felicidade un agasallo.Foi xenial!!















martes, 22 de enero de 2019

Día da Paz e Non Violencia 2019.Somos de Cores.Illa Fantasía






Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar .

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promovió a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.

Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia....
Mais agora que se achega o 30 de Xaneiro, Día da non Violencia e da Paz imos visualizar estes videos, ler libros, debuxar, debater, cantar...
 
Agora estamos a preparar as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
 
 
Dende Illa Fantasía chegounos unha carta de Pluma Azul , unha india lakota que contounos como celebran nestas datas a paz en Illa Fantasía

 Imos cantar e bailar esta canción de Mamá Cabra. Os máis pequenos xa teñen a coreografía!







Pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar a cor branca que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "O zumbador " Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade  neste video como facelo e como funciona.


 
Deixamos tamén unha páxina con información sobre a Paz:
 

 
 
 
 
 

martes, 15 de enero de 2019

Proxecto de Investigación Intercentros "O SISTEMA SOLAR"

Proxecto de Investigación Intercentros "O SISTEMA SOLAR"

O alumnado de Primaria de 4º, 5º e 6º participa representando a Plutón nun Proxecto qno que participa xunto a 9 centros de Ferrolterra con nenas e nenos de diferentes idades.



A idea partiu do CIFP "Ferrolterra" que engaiolounos co seu entusiaismo polas órbitas, medidas, escalas...compartindo con todos nós os datos técnicos elaborados polo seu grupo de Formación Profesional, e convencéndonos de  que "si o Sol esivera no patio do seu centro... a órbita de Plutón pasaría polas portas do noso".
E así máis ou menos, ata acadar unha rica e variada participación intercentros que durante o primeiro trimestre investigou para coñecer o seu astro e presentarllo ao resto.

Os participantes somos:

  • En Ferrol:
  • O Sol, CIFP "Ferrolterra"
  • Mercurio, IES "Saturnino Montojo".
  • Venus, IES, "Sofía Casanova"
  • Terra, CEIP "Recimil"
  • Marte, CEIP "Esteiro"
  • Xúpiter, IES "Canido"
  • Saturno, IES " Catabois"

  • Urano, IES "As Telleiras" Narón.
  • Neptuno, IES "Fernando Esquío" Neda.
  • Plutón, CEIP "Couceiro Freijomil" Pontedeume.
Os "plutonianos" logo de investigar na biblioteca, na rede, con axuda dos materiais compartidos...
decidimos elaborar entre as seis aulas unha carta de presentación científica e imaxinativa. Partimos dun saúdo presentando datos do noso planeta anano para pasar a desenvolver unha imaxinativa sociedade, cos seus habitantes, costumes, linguaxe...e unha despedida de Nadal.
Xuntámonos todas e todos na biblioteca para ver o traballo conxunto e enviar por correo estelar a nosa primeira aportación ao proxecto.









O último día de clase chegaron outros correos estelares máis abrirémolos todos á volta de vacacións.
Ollade aquí unha referencia do correo interestelar que chegou á Terra. Está o noso! Védelo xa encadernado?



Seguiremos informando!

Exposición Correspondencia Espacial do 1º trimestre


 

Exposición Correspondencia Espacial do 1º trimestre



Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas do Proxecto Intercentros de 4º, 5º e 6º de primaria  o correo do Sistema Solar. O Sol, e todos os planetas que xiran arredor del, recibiran a súa carta de presentación e respostáronlles.

Logo de lelo, expuxérono para toda a Comunidade Escolar.



















Agora no segundo trimestre, pendentes das actividades conxuntas cos outros centros , nas aulas de 4º investigarán na relación da mitoloxia e os planetas, nas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do Sistema Solar, mentres en 6º centraranse nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, órbita, escalas...

Como traballan estes "plutonianos"!

MAIOS 2023