martes, 22 de enero de 2019

Día da Paz e Non Violencia 2019.Somos de Cores.Illa Fantasía






Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar .

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promovió a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.

Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia....
Mais agora que se achega o 30 de Xaneiro, Día da non Violencia e da Paz imos visualizar estes videos, ler libros, debuxar, debater, cantar...
 
Agora estamos a preparar as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
 
 
Dende Illa Fantasía chegounos unha carta de Pluma Azul , unha india lakota que contounos como celebran nestas datas a paz en Illa Fantasía

 Imos cantar e bailar esta canción de Mamá Cabra. Os máis pequenos xa teñen a coreografía!







Pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar a cor branca que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "O zumbador " Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade  neste video como facelo e como funciona.


 
Deixamos tamén unha páxina con información sobre a Paz:
 

 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023