lunes, 29 de octubre de 2018

UN PASEO POR PONTEDEUME


   O pasado 25 de outubro realizamos unha visita guiada por Pontedeume para coñecer a historia dalgúns monumentos emblemáticos desta fermosa vila.
    Acompañados por Sabela e Noli, aos que agradecemos todas as súas historias, aprendimos un montón de cousas sobre a antiga muralla, sobre a Ponte de Pedra, o Torreón dos Andrade, o Pilón,... e moitas cousas máis que anotamos nos nosos cadernos.
   Foi unha mañá moi especial que seguro non esqueceremos.
   Velaí vos deixamos dous vídeos con imaxes desta actividade.






domingo, 21 de octubre de 2018

PDI "BO PROVEITO" - GIUSEPPE ARCIMBOLDO


  Comezamos o PDI "Bo proveito" investigando sobre a vida e obra de Giuseppe Arcimboldo,  do cal coñeceremos unha espectacular forma de pintar utilizando alimentos e outros elementos da natureza.
      
      Velaí vos deixamos algunha información sobre el e a súa obra, e un vídeo moi interesante.

GIUSEPPE  ARCIMBOLDO



   Naceu en Milán (Italia) no ano 1527. Foi un pintor coñecido polas súas representacións do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxectos. Pintaba en lienzo.

  O pai de Arcimboldo foi artista, e sobre todo vidreiro. Como o seu pai, Giuseppe Arcimboldo comezou o oficio familiar de elaborar vitrales, mosaicos e frescos para as igrexas, pero foi con 21 anos cando entrou no gremio dos pintores.

  As súas obras eran pintadas con meticulosidade , moi detallistas, sempre partindo do mundo natural e combinándoo, desenvolvendo paradoxas e coincidencias na evocación dun rostro.

 Tiña un gran coñecemento naturalista, o que lle permitiu ter unha habilidade para reproducir vexetacións, décadas antes de que o bodegón fora aceptado como un xénero máis da pintura.
  
  Logo dunha vida de pintor e decorador ,estableceuse na súa cidade natal no seu estudio de arte.
          
  Morreu en Milán, no ano1593, dun problema nos riles.
     
  É nomeado cabaleiro do Sacro Imperio Romano Xermánico.
          
 A súa pintura caeu no olvido ata que comezaron a aparecer imitadores e copistas posteriores.


  Na actualidade hai unhas 25 pinturas auténticas de Giuseppe Arcimboldo.



PREHISTORIA: PALEOLÍTICO - NEOLÍTICO - IDADE DOS METAIS






MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS




CIENCIAS NATURAIS - MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS


miércoles, 17 de octubre de 2018

Benvidos a un novo curso.


   Ola a tod@s:

  Xa nos botabades en falta verdade?? O certo é que ao longo deste curso imos a traballar dous proxectos moi ilusionantes e importantes, e precisabamos algo de tempo para organizar o comezo dos mesmos.

  Un dos proxectos é o PDI “Bo Proveito”, no que trataremos varios temas relacionados coa alimentación, tales como alimentación e saúde, alimentos con arte e arte con alimentos,... e por suposto, antes de comezar a cociñar, tiñamos que ter preparados todos os ingredientes. E así, nesta semana, con motivo do Día  Mundial da Alimentación, que se celebra o 16 de outubro, damos comezo ao proxecto.

   O outro proxecto é o de “Isla fantasía”. Todos estabamos ansiosos por recibir novas dende a Illa, e estes días chegounos unha carta do gobernador na que xa se nos propoñían novos retos e aventuras, así que comezamos de inmediato a investigar e a traballar sobre o tema deste curso, que xirará en torno aos Indios Lakota.

  Dito isto, dende xa mesmo, comezaremos a compartir con todos vós por medio deste blog algunhas das cousas que traballemos en ambos proxectos,  e tamén outras relacionadas coas distintas materias de cuarto.

   Agardamos que vos gusten!! 



 


MAIOS 2023