Ola a tod@s:
Xa nos botabades
en falta verdade?? O certo é que ao longo deste curso imos a traballar dous
proxectos moi ilusionantes e importantes, e precisabamos algo de tempo para
organizar o comezo dos mesmos.
Un dos proxectos
é o PDI “Bo Proveito”, no que trataremos varios temas relacionados coa
alimentación, tales como alimentación e saúde, alimentos con arte e arte con
alimentos,... e por suposto, antes de comezar a cociñar, tiñamos que ter
preparados todos os ingredientes. E así, nesta semana, con motivo do Día Mundial da Alimentación, que se celebra o 16
de outubro, damos comezo ao proxecto.
O outro proxecto
é o de “Isla fantasía”. Todos estabamos ansiosos por recibir novas dende a Illa,
e estes días chegounos unha carta do gobernador na que xa se nos propoñían novos
retos e aventuras, así que comezamos de inmediato a investigar e a
traballar sobre o tema deste curso, que xirará en torno aos Indios Lakota.
Dito isto, dende
xa mesmo, comezaremos a compartir con todos vós por medio deste blog algunhas
das cousas que traballemos en ambos proxectos, e tamén outras relacionadas coas distintas
materias de cuarto.
Agardamos que vos
gusten!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario