domingo, 27 de octubre de 2019

INFORMACIÓN SOBRE O SAMAÍN 2019

   A continuación podedes premer na imaxe para ver a información sobre o Samaín que hai blog da biblioteca do noso cole.
   Agardamos que vos guste.





lunes, 21 de octubre de 2019

SAÍDA AO PLANETARIO.

  

 O pasado venres 18 de outubro realizamos unha saída ao Planetario e á Casa das Ciencias da Coruña.
 Aprendemos unha morea de cousas sobre o Sol, os planetas, as estrelas,  as constelacións,... pero tamén de cómo se iniciou o interese da humanidade pola astronomía.
 Na Casa das Ciencias tivemos a oportunidade de comprender un pouco máis o mundo que nos rodea por medio das distintas actividades prácticas que alí se atopan. Sen dúbida... unha foi unha xornada xenial.


"ISÓTITA".ILLA FANTASÍA.

ISÓTITA

  Este luns , una nova carta chegou ás aulas. Quedamos abraiados!! Coñecimos a historia de Isótita , que en grego, significa igualdade.

 


Conta o gran  libro da Illa que houbo un tempo onde todos os territorios foron invadidos por una tribo de bárbaros que tiñan poderes para enmudecer as mulleres, facían traballar os nenos/as....Todo o chimpabán o mar.. ata que unha marea negra tornouse. ESPANTOSO!!

Na carta explicaba cómo se formouse Isótita e cómo a Capitá Mariana ( tamén coñecido como Meiga do Mar ou Dama Gris) , o chegar o peirao no Stella Maris( o seu galeón)  salvou os bos e boas habitantes da Illa. e formouse ,tras un tsumani, unha cúpula de cristal debaixo do mar .

Isótita é un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor a tódalas persoas e seres vivos é a lei mais preciada.Unha sociedade que convive en paz e igualdade.

Aspectos que estamos a traballar en aula dende fai uns días !!

Quedamos moi abraiados con esta carta e con ganas de saber mais  e coñecer quen é Mariana e o seu Galéon.

Toca esperar unha nova carta. Seguramente MARIANA estea tomándose un auga na Taberna O Canalla e por iso a Serea Fenicia( remitente da carta) non nós contou nada mais...

Nas aulas, limos a carta e reflexionamos sobre os valores da cidade de Isótita, de como os bárbaros eran  persoas que non respectaban ás mulleres e os nenos/as... contidos que tamén traballamos dende o  PDI da Biblioteca e que gardan relación con esta carta de Illa Fantasía.

















martes, 15 de octubre de 2019

Que é feminismo?... Por que é importante a coeducación?...


   Como xa sabedes, este curso estamos a traballar sobre un PDI relacionado coa igualdade. 
    Hai uns días que Güino nos propuxo unha serie de retos, entre eles, investigar sobre os termos feminismo e coeducación.

    Aquí vos deixamos algunhas das nosas opinións sobre o que criamos que era feminismo antes de comezar a investigar, e sobre a importancia da coeducación despois de saber o seu significado.

   Agardamos que vos gusten.





    Tamén vos deixamos algúns dos nosos traballos realizados para o PDI deste curso.

















lunes, 14 de octubre de 2019

Concerto de corda no Couceiro

    O pasado venres 11 de outubro tivemos a oportunidade de gozar dun concerto de corda no noso cole.
   Escoitamos fermosas melodías, pero tamén aprendemos as partes que compoñen o violín e o violonchelo, os materiais que se utilizan para facer o arco, as notas das cordas,... e ata nos explicaron por que os músicos visten casi sempre de negro.
   Ademais, algúns dos nosos compañeiros e compañeiras tiveron a oportunidade de subir a tocar un pouco o violín.

   Velaí vos deixamos algunhas fotos.










viernes, 4 de octubre de 2019

GÜINO! ENVIANOS UN RETO E AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

ENCRUCILLADO XIGANTE E MOCHILAS VIAXEIRAS!!

   O día 1 de outubro, na hora de ler, recibimos nas  aulas de terceiro dúas sorpresas!!

   A primeira, a chegada das Mochilas Viaxeiras!!!



   E a segunda, un reto a conseguir polas aulas para resolver un encrucillado xigante entre todo o cole.


 



   Esta última sorpresa ten dous cometidos. Por un lado, a investigación sobre o significado dunha palabra relacionada co termo IGUALDADE,  e  a segunda, propoñer un título para o PDI  da biblioteca que garda relación con todas as palabras que forman ese encrucillado.

    A clase de 3º A tocounos a palabra Feminista e a 3º B Coeducación.

    Estes días estamos a investigar, falar, definir e ilustrar estes termos, e así intentar aclarar as nosas cabeciñas. Por que vaia palabras máis difíciles de comprender!!





    Necesitamos entender e coñecer as palabras do resto das aulas para así poñer título o proxecto da Biblioteca!!

En breve expoñeremos máis traballiños.

Seguimos traballando!!






miércoles, 2 de octubre de 2019

Volve "Illa Fantasía"


VOLVE, ILLA FANTASÍA !!!


   Un novo curso comeza, e dende a Illa comezan a chegar cartas... abraiados quedamos o ver chegar a Diego coa correspondencia que nos deixou o moucho Beto.

  Na carta cóntanos que na Illa hai un xardín cun montón de flores, árbores, arrozais, tomates, leitugas, millo, plantas carnívoras... e todas elas son coidadas polas personaxes da Illa. Este xardín está na parte traseira da Escola do Unicornio, preto da árbore Sagrada e do bosque dos trasnos.

   Ao final da carta, fálanos de Isótita. Un territorio descoñecido para nós, do que pronto recibiremos información.

  Que gañas de que volva correo e así poder saber sobre este novo territorio!!!

  En clase de Ciencias Naturais estamos aprendendo un montón de cousas sobre as plantas, para poder entender e coñecer ben todo o que acontece na Illa.

   Aquí podedes volver a ver a presentación sobre as plantas do Xardín do Unicornio:





 Un compañeiro da clase de 3ºA ( Hugo Rodríguez) lembrouse que no xardín da Illa había xirasois e tróuxonos un para aprender moito e poder ver as pipas que del saen. Foi un momento xenial!!




   Estamos traballando moito sobre este xardín. Pronto expoñeremos algúns dos traballos sobre , como imaxinamos o xardín e o seu debuxo!!














MAIOS 2023