ENCRUCILLADO XIGANTE E MOCHILAS VIAXEIRAS!!
O día 1 de outubro, na hora de ler, recibimos nas aulas de terceiro dúas sorpresas!!A primeira, a chegada das Mochilas Viaxeiras!!!
E a segunda, un reto a conseguir polas aulas para resolver un encrucillado xigante entre todo o cole.
Esta última sorpresa ten dous cometidos. Por un lado, a investigación sobre o significado dunha palabra relacionada co termo IGUALDADE, e a segunda, propoñer un título para o PDI da biblioteca que garda relación con todas as palabras que forman ese encrucillado.
A clase de 3º A tocounos a palabra Feminista e a 3º B Coeducación.
Estes días estamos a investigar, falar, definir e ilustrar estes termos, e así intentar aclarar as nosas cabeciñas. Por que vaia palabras máis difíciles de comprender!!
Necesitamos entender e coñecer as palabras do resto das aulas para así poñer título o proxecto da Biblioteca!!
En breve expoñeremos máis traballiños.
Seguimos traballando!!
Co listos/as que son as miñas xoaniñas e coa axuda dos ciclistas ese reto será pan comido para eles/as. Seguide traballando así de ben. Un bico gordo para todos/as!nenos/as e profes 😉
ResponderEliminar