O pasado venres 11 de outubro tivemos a oportunidade de gozar dun concerto de corda no noso cole.
Escoitamos fermosas melodías, pero tamén aprendemos as partes que compoñen o violín e o violonchelo, os materiais que se utilizan para facer o arco, as notas das cordas,... e ata nos explicaron por que os músicos visten casi sempre de negro.
Ademais, algúns dos nosos compañeiros e compañeiras tiveron a oportunidade de subir a tocar un pouco o violín.
Velaí vos deixamos algunhas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario