viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ



  DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO 2.020




O día 30 de xaneiro celebramos toda a escola o Día da Paz. Este ano fixemos varias cousiñas  moi interesantes !!

Dúas delas son os últimos retos que nos chegaron da man de Illa Fantasía  e a terceira da man da mestra de Música ( Cris), coa que prepararon unha Latucada. (Reciclando latas ,fixeron uns ESTUPENDOS E DIVERTIDOS instrumentos músicais!!)

Neste vídeo podedes ver as LATAS MUSICAIS !!



A primeira hora da mañá, fixemos un gran símbolo da Paz entre todo o alumnado utilizando lanternas no pavillón. Deste xeito ,fomos capaces entre todas as aulas de sacar " luz " na "escuridade", tal e como nos pedía a Capitá Mariana na última carta.



 O segundo reto da Illa era elaborar  unhas ondas cheas de mensaxes de LUZ, cheas de palabras ou feitizos que nos axudaran a sacar o lado bo das cousas nos días que non o son.Así o representamos cunha gran marea ( metáfora co mundo mariño) e que decoramos con restos de lixo, que soen aparecer na nosa ría.






E por último , a Latucada e a solta de Pombas!! 





E aquí podedes ver o vídeo. Agardamos que vos guste!!!














jueves, 30 de enero de 2020

INAGURACIÓN DA VILA DA IGUALDADE!!



Hoxe ,foi un día para os alumnos/as  de Terceiro A moi importante!! .

Inaguraron a " Vila da Igualdade", co gallo do Día da PAZ  !!

30 de Xaneiro de 2020.





Están moi contentos/as porque foi unha iniciativa que tiveron como aula e que fixeron autonómamente .



Queremos darlles as grazas o Equipo de Biblioteca do cole por agasallarnos coas casiñas que forman parte da vila.

Levan bastante tempo querendo inagurala pero queríano facer moi emotivo e tendo en conta a todos/as as persoas que os axudaron.

Neste caso, pedíronlle a Mari Cascallar ( responsable e dinamizadora da nosa Biblioteca) que fose a persoa que cortase o fío de inaguración da vila, por ser a persoa que os agasallou coas casiñas.
Foron a invitála... e isto foi o que pasou!!

Ata pensaron na música!!
































Ata viñeron os seus alumnos/as a ver a nosa Vila!!




Grazas compañeiros/as de 6º. Bicos grandes neste día tan especial para Terceiro A.


Parabéns da vosa mestra.



domingo, 19 de enero de 2020

EU SON CAPAZ... O MARISQUEO A FLOTE.


EU SON CAPAZ...
Traballa na casa, traballa fóra da casa, e aínda ten  tempo para visitarnos na escola e falar co alumnado de 3º de Educación primaria!
É UNHA DAS MULLERES PODEROSAS DE PONTEDEUME!!
O que  máis lle gusta do seu traballo é a liberdade, que a fai sentir ben, e ademais pode ir recoller os seus fillos sen ningún problema cando a chaman ao seu traballo. É unha muller de auga, apaixonada polo mar dende pequena… ela é Eva, a nai de Saúl, una alumno do noso cole. E a única muller de Pontedeume, que fai case a diario marisqueo a flote!!
Comezou aos 17 anos a mariscar a flote, na Ría de Ferrol (Na Ponte de “As Pías) da man da súa parella. Díxonos que ao principio se mareaba moito pero que grazas á súa persistencia en ir a mariscar chegou a acostumarse.
Agora, traballa nunha lancha coa súa parella e fan marisqueo a flote  en Pontedeume. Ás veces, preto da ponte de pedra, e noutras ocasión na ponte de Ferro. Para facer o seu traballo.. utilizan uns aparellos chamados rañeiras. Son pesadísimos e longuísimos!!!
A Eva fixémoslle moitas preguntas. Tamén falamos da contaminación na ría, e contounos que cada vez collen menos ameixas e berberechos pola gran cantidade de lixo que atopan ao levantar as rañeiras (Botellas de vidro, toalliñas húmidas, plásticos… o mais estraño que atopou foron montóns de chanclas).
Cando falamos da contaminación, comentounos que esta fai que o seu traballo sexa moito máis difícil, xa que teñen que estar moitas máis horas no mar para coller os mesmos kilos que fai anos collían en menos tempo. Ademais da contaminación, ás veces o marisco tamén morre polas chuvias ou pola apertura das portas da presa que hai río arriba.
Por último, outro dos temas que falamos con ela foi a igualdade entre homes e mulleres no marisqueo. Contounos que mentres no marisqueo a pé a muller e a protagonista, no marisqueo a flote é o home. Pero ela nunca se sentiu desprazada ou nunca escoitou que algún compañeiro lle dixera algo machista. Todo o contrario, que a admiran, polo feito de estar facendo o traballo e ser a única muller!!!

Grazas Eva por todo o que aprendemos escoitándote!!!








MAIOS 2023