lunes, 25 de marzo de 2019

ROCHAS E MINERAIS



 
 

 

VISITA DE TATANKA SKÁ.



 O día 15 de marzo tivemos unha visita sopresa de Tatanka Ská na que contounos un montón de cousas sobre a segunda fase da celebración da primavera na Illa e recordounos a celebración do Día da Muller.
O reto que nos encomendou foi a elaboración dun pequeno Totem que conmemore ou transmita a importancia da Muller na sociedade.











Día da Poesía e do Teatro 2019



Xa chegou a primavera e o no noso cole adoita vir chea de teatro e de poesía.




O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía  De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

O alumnado de 6º B e 5º A recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos  ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso. 





O 27 de marzo festéxase o Día Mundial do Teatro. Na nosa escola o teatro nace como una ferramenta pedagóxica de 1º nivel hai moitísimos anos.

Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA  "Farsa e xustixa do correxidor".





As nenas e nenos máis vellos do cole ao longo deste trimestre están a desenvolver a temática do PDI  "Bo Proveito" na literatura, logo de pescudar no 1º trimestre na alimentación na pintura.
Aproveitaron este festival para presentar a toda a escola algún dos produtos finais do seu traballo.

Nestes vídeos podedes lembrar as súas actuacións:










Dentro do festival, como cada ano, convocamos  o  Certame de Poesía  CEIP “Couceiro Freijomil”. E xa van once! A temática das poesías a  presentar neste certame é A ALIMENTACIÓN. 
Escoitaremos as poesías finalistas no Festival das Letras Galegas e Güino terá agasallos para todas elas.
Para ir "abrindo boca" podedes coller libros da selección que está no moble da entrada da nosa biblioteca.





Lembrade que as poesías deberanse elaborar nas aulas e presentaranse antes do 10 de maio na biblioteca.
 Moito ánimo, seguro que este ano teremos versos ben apetitosos!

EUMEOLIMPIADAS 2019



 Alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria do CEIP de Andrade, CPR Luis Vives, CPR San José La Grande Obra de Atocha e o CEIP Couceiro Freijomil, reuníronse ao longo de catro días para participar nas tradicionais Eumeolimpiadas.
   Estas xornadas, que se levan celebrando durante máis de vinte anos, teñen como función principal a convivencia a través do xogo entre o alumnado dos diversos centros do Concello de Pontedeume.
 
 
 
 
 
 
 
TODO SOBRE AS EUMEOLIMPIADAS ( premer)

jueves, 7 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019


   Velaí vos deixamos as fotos e vídeos da celebración deste ano.

   Tamén vos deixamos enlaces aos blogs da Biblioteca e de Normalización do noso centro, no cal poderedes atopar un resumo do que foi o Entroido 2019.

   Agardamos que vos guste!!!


DESFILE POLA VILA DE PONTEDEUME



BAILE DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA



DISFRACES DE PRATOS SAUDABLES 



































ENLACE A BIBLIOCOUCEIRO "XARDÍN DO PASATEMPO"

 


ENLACE A  NORMALIZACIÓN COUCEIRO "A CASQUEIRA"






BODEGÓNS DO PINTOR EUMÉS, ABELARDO MIGUEL


A continuación podedes ver algún bodegón pintado por Abelardo Miguel. 
Estamos convencidos de que vos servirán de inspiración para facer o voso bodegón para o PDI "Bo Proveito".






MAIOS 2023