jueves, 13 de junio de 2019

ILLA FANTASÍA. ENCONTRO E EXPOSICIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO.


   Por segundo curso consecutivo, traballamos no Proxecto Educativo de Illa Fantasía, que este ano adicouse aos indios Lakota, á súa cultura e personaxes como Tatanka Ska, que nos acompañou en interesantes aventuras.




   Para rematar esta andaina, participamos na exposición do proxecto en Sada, xunto a outros colexios da nosa contorna, onde puidemos mergullarnos nun mundo de fantasía con todas as personaxes da illa cos que nos relacionamos durante estes dous anos. 
Foi impresionante ver o dragón chinés o o tótem de 5 metros que construímos entre todos e todas.


   A nosa presencia foi importante, pois fomos o grupo máis numeroso de todos os colexios participantes e destacábamos como unha grande marea vermella.





































  Agora a esperar ata o próximo curso, para descubrir que novo proxecto nos trae Illa Fantasía.

  Ata pronto!!





VISITAMOS Á CASA DO QUEIXO DE GRIXALBA - SOBRADO DOS MONXES

   O pasado 11 de xuño realizamos unha visita á Casa do Queixo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes, para realizar unha serie de obradoiros relacionados co PDI "Bo Proveito" que estamos a traballar neste curso.
   Fixemos un roteiro ata un muíño no que nos explicaron o funcionamento da muíño e o proceso de moer. Tamén fixemos obradoiros sobre o queixo, a lá e outro sobre a conservación das froitas en almíbar.
   Velaí vos deixamos algunhas imaxes.






















MAIOS 2023