domingo, 24 de febrero de 2019

Día de Rosalía de Castro 2019



   Aquí vos compartimos a actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, que realizamos este curso para o Día de Rosalía e no que participou todo o alumnado, o profesorado e o persoal do noso centro escolar.

   "EU SON ROSALÍA" forma parte do Proxecto de Dinamización Plurianual: "O Galego nas Nosas Mans", que este ano unimos co PDI do colexio: Bo Proveito!!!

   As poesías seleccionadas de Rosalía, están vinculadas á comida e a fame e participaron desde 4º de Educación de Infantil ata 6º de Educación Primaria.








   Deixamos máis información sobre Rosalía de Castro, recollida no blog  "A Casqueira" do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio (preme na imaxe).








Tatanka Ská volveu a visitarnos.


   Aínda falta un pouco para que chegue a primavera, pero Tatanka Ská veu a contarnos como se preparan todos en Illa Fantasía para recibila con unha gran festa.
   Como sempre que nos visita, abraiounos e deleitounos coas súas historias sobre os costumes e personaxes da Illa.
    Tamén nos propuxo un reto, buscar unha caixa que contiña flores con unha fermosa historia.
    Ao rematar, repartimos entre todos as flores para levar aos nosos fogares e conservalas xunto cos nosos tesouros máis prezados.



























Programa "Alimentes" de Gadis

   O día 21 de febreiro os cursos de 3º e 4º de Primaria fixemos unha visita ao Gadis de Pontedeume.

   Dita saída forma parte do programa "Alimentes" de Gadis, no que se traballa sobre a alimentación saudable e a importancia do exercicio físico. 

   Así pois, non quixemos deixar pasar a oportunidade de realizar esta actividade, que está moi relacionada co noso PDI "Bo Proveito". 

  Durante a mesma, unha das empregadas de Gadis realizou con nós unha visita guiada polas diferentes seccións do supermercado, ao tempo que nos transmitía a importancia do consumo responsable, dos hábitos de vida e alimentacón saudable.














 







Visitamos a Biblioteca Municipal de Pontedeume

   O pasado mércores 20 de febreiro, 4ºA e 4ºB realizamos unha visita a Biblioteca Municipal de Pontedeume.

   Unha vez alí recibiunos Alejandro, o bibliotecario, para contarnos as últimas novidades e compartir un conto clásico con nós "O soldadiño de chumbo".

   Velaí vos deixamos unhas fotos da actividade.


  





lunes, 11 de febrero de 2019

DISFRACES PARA O ENTROIDO 2019


   Estimadas familias:

   O próximo venres 01 de marzo celebraremos o Entroido, e pedimos a vosa colaboración para a realización dos disfraces.  Como ben sabedes, este ano estamos a traballar sobre o PDI “Bo Proveito”. Así pois, a temática escollida será “Un prato saudable”.

   Seguindo os modelos das fotografías, o disfrace consistirá en facer un prato saudable que vós decidades, utilizando os materiais que consideredes oportunos.

    O prato será só para a parte dianteira e irá colgado as ombros. No colexio completaremos o disfrace facendo as culleres e os garfos para levar nas mans.

    O día do entroido terán que traer roupa escura, para que o prato resalte sobre o corpo. O alumnado que o teña listo antes do venres 1 de marzo poderá traelo ao colexio para gardalo aquí.

    Moitas grazas pola vosa colaboración.






   Tamén vos deixamos un vídeo da canción que  utilizaremos para a nosa actuación.
   É unha canción que seguro coñecedes, agora teremos que cociñar unha nova letra para o noso entrodio.
   Agardamos que vos guste.





    


miércoles, 6 de febrero de 2019

PDI " BO PROVEITO" O "RECEITARIO DE OUTONO"

Presentamos o "Receitario de Outono" con este vídeo onde nenas e nenos de todas as aulas do cole fálannos do prato que prepararon con ingredientes propios da época, cogomelos, mazás, cabaza,castañas...

O libro estará esta semana na biblioteca e na entrada do cole para que todos o vexamos  e axiña pasará aos andeis da biblioteca para poder ser emprestado e que viaxe ás casas onde podades preparar calquera das 20 receitas que contén.





Neste trimestre Güino proponnos facer "Petiscos Literarios". 

Cada aula elaborará os seus "pinchos" de froitas, verduras, froitos secos, peixe, etc Incluirán unha adiviña tan curta como apetitosa e o Día do Libro á volta de vacacións de Semana Santa comezaremos o 3º trimestre compartindo e degustando os "canapés" literarios que cociñamos entre todos e todas.
Aquí tedes unha ligazón que pode axudarvos a preparar a actividade, premede na imaxe!
Os garfos e bandexas ponos Güino, vos poredes o resto.
 Ánimo cociñeiros literarios!

MAIOS 2023