Por segundo curso consecutivo, traballamos no Proxecto Educativo de Illa Fantasía, que este ano adicouse aos indios Lakota, á súa cultura e personaxes como Tatanka Ska, que nos acompañou en interesantes aventuras.
Para rematar esta andaina, participamos na exposición do proxecto en Sada, xunto a outros colexios da nosa contorna, onde puidemos mergullarnos nun mundo de fantasía con todas as personaxes da illa cos que nos relacionamos durante estes dous anos.
Foi impresionante ver o dragón chinés o o tótem de 5 metros que construímos entre todos e todas.
A nosa presencia foi importante, pois fomos o grupo máis numeroso de todos os colexios participantes e destacábamos como unha grande marea vermella.
Agora a esperar ata o próximo curso, para descubrir que novo proxecto nos trae Illa Fantasía.
Ata pronto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario