domingo, 19 de enero de 2020

EU SON CAPAZ... O MARISQUEO A FLOTE.


EU SON CAPAZ...
Traballa na casa, traballa fóra da casa, e aínda ten  tempo para visitarnos na escola e falar co alumnado de 3º de Educación primaria!
É UNHA DAS MULLERES PODEROSAS DE PONTEDEUME!!
O que  máis lle gusta do seu traballo é a liberdade, que a fai sentir ben, e ademais pode ir recoller os seus fillos sen ningún problema cando a chaman ao seu traballo. É unha muller de auga, apaixonada polo mar dende pequena… ela é Eva, a nai de Saúl, una alumno do noso cole. E a única muller de Pontedeume, que fai case a diario marisqueo a flote!!
Comezou aos 17 anos a mariscar a flote, na Ría de Ferrol (Na Ponte de “As Pías) da man da súa parella. Díxonos que ao principio se mareaba moito pero que grazas á súa persistencia en ir a mariscar chegou a acostumarse.
Agora, traballa nunha lancha coa súa parella e fan marisqueo a flote  en Pontedeume. Ás veces, preto da ponte de pedra, e noutras ocasión na ponte de Ferro. Para facer o seu traballo.. utilizan uns aparellos chamados rañeiras. Son pesadísimos e longuísimos!!!
A Eva fixémoslle moitas preguntas. Tamén falamos da contaminación na ría, e contounos que cada vez collen menos ameixas e berberechos pola gran cantidade de lixo que atopan ao levantar as rañeiras (Botellas de vidro, toalliñas húmidas, plásticos… o mais estraño que atopou foron montóns de chanclas).
Cando falamos da contaminación, comentounos que esta fai que o seu traballo sexa moito máis difícil, xa que teñen que estar moitas máis horas no mar para coller os mesmos kilos que fai anos collían en menos tempo. Ademais da contaminación, ás veces o marisco tamén morre polas chuvias ou pola apertura das portas da presa que hai río arriba.
Por último, outro dos temas que falamos con ela foi a igualdade entre homes e mulleres no marisqueo. Contounos que mentres no marisqueo a pé a muller e a protagonista, no marisqueo a flote é o home. Pero ela nunca se sentiu desprazada ou nunca escoitou que algún compañeiro lle dixera algo machista. Todo o contrario, que a admiran, polo feito de estar facendo o traballo e ser a única muller!!!

Grazas Eva por todo o que aprendemos escoitándote!!!








1 comentario:

MAIOS 2023