miércoles, 2 de octubre de 2019

Volve "Illa Fantasía"


VOLVE, ILLA FANTASÍA !!!


   Un novo curso comeza, e dende a Illa comezan a chegar cartas... abraiados quedamos o ver chegar a Diego coa correspondencia que nos deixou o moucho Beto.

  Na carta cóntanos que na Illa hai un xardín cun montón de flores, árbores, arrozais, tomates, leitugas, millo, plantas carnívoras... e todas elas son coidadas polas personaxes da Illa. Este xardín está na parte traseira da Escola do Unicornio, preto da árbore Sagrada e do bosque dos trasnos.

   Ao final da carta, fálanos de Isótita. Un territorio descoñecido para nós, do que pronto recibiremos información.

  Que gañas de que volva correo e así poder saber sobre este novo territorio!!!

  En clase de Ciencias Naturais estamos aprendendo un montón de cousas sobre as plantas, para poder entender e coñecer ben todo o que acontece na Illa.

   Aquí podedes volver a ver a presentación sobre as plantas do Xardín do Unicornio:





 Un compañeiro da clase de 3ºA ( Hugo Rodríguez) lembrouse que no xardín da Illa había xirasois e tróuxonos un para aprender moito e poder ver as pipas que del saen. Foi un momento xenial!!




   Estamos traballando moito sobre este xardín. Pronto expoñeremos algúns dos traballos sobre , como imaxinamos o xardín e o seu debuxo!!














No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023