ISÓTITA
Este luns , una nova carta chegou ás aulas. Quedamos abraiados!! Coñecimos a historia de Isótita , que en grego, significa igualdade.
Conta o gran libro da Illa que houbo un tempo onde todos os territorios foron invadidos por una tribo de bárbaros que tiñan poderes para enmudecer as mulleres, facían traballar os nenos/as....Todo o chimpabán o mar.. ata que unha marea negra tornouse. ESPANTOSO!!
Na carta explicaba cómo se formouse Isótita e cómo a Capitá Mariana ( tamén coñecido como Meiga do Mar ou Dama Gris) , o chegar o peirao no Stella Maris( o seu galeón) salvou os bos e boas habitantes da Illa. e formouse ,tras un tsumani, unha cúpula de cristal debaixo do mar .
Isótita é un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor a tódalas persoas e seres vivos é a lei mais preciada.Unha sociedade que convive en paz e igualdade.
Aspectos que estamos a traballar en aula dende fai uns días !!
Quedamos moi abraiados con esta carta e con ganas de saber mais e coñecer quen é Mariana e o seu Galéon.
Toca esperar unha nova carta. Seguramente MARIANA estea tomándose un auga na Taberna O Canalla e por iso a Serea Fenicia( remitente da carta) non nós contou nada mais...
Nas aulas, limos a carta e reflexionamos sobre os valores da cidade de Isótita, de como os bárbaros eran persoas que non respectaban ás mulleres e os nenos/as... contidos que tamén traballamos dende o PDI da Biblioteca e que gardan relación con esta carta de Illa Fantasía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario