A NOSA ROSA DOS VENTOS: ALÉN DO MAR!
Nalgúns lugares de Galicia e do mundo, pola súa importancia ou traxectoria
en relación ao mar, teñen nos seus xardíns ou preto de monumentos emblemáticos
a “Rosa dos ventos”.
Preto de nós atopamos algunhas, como por exemplo en Ferrol, preto do Museo
Naval, ou na Coruña, a carón da Torre de Hércules. Aquí podedes ver unhas
imaxes:
Nas clases de 1º, 2º, 3º e 4º, traballamos moito sobre a rosa dos ventos: investigamos
sobre quen a inventou, manipulamos o compás para poder situar os puntos
cardinais, debuxamos a rosa dos ventos e un longo, etc...
Incluso dende Illa fantasía, “Brújula” cando veu polas aulas, nos ensinou a
colocar os puntos cardinais coa axuda do compás, e deixounos uns unicornios
preciosos para marcalos.
Pero… como todos “Somos un cos demais”, decidimos facer unha actividade
colaborativa. E xa que estudamos que os lugares que teñen un traxectoria
importante co mar teñen unha rosa dos ventos, a nosa escola tamén terá unha!
E para rematar, como nesta actividade foi moi importante o que aprendemos
con ”Brújula”, decidimos poñela na nosa rosa dos ventos, marcando o Norte para
non perdelo!!
Aquí deixamos unha foto para que a vexades. Desexamos que vos guste tanto
como a nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario