RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Parabéns a todos e todas polo voso traballo!
Como xa sabedes, este curso traballachedes moito e ben, polo que o mestre Nando e a mestra Lydia estamos moi contentos e satisfeitos, tanto con vós como coas vosas familias, pola implicación, dedicación e compromiso coa escola.
Todos os anos ao rematar a escola, acostumamos facer unas recomendacións de traballo para o verán... así que velaí van:
É importante pasar tempo en familia, pasear por espazos abertos e na natureza, disfrutar do bo tempo, xogar, rir e sobre todo pasalo moi ben rodeado de familiares, amigas e amigos.
Como sempre, lembramos a importancia da lectura de todo tipo de textos que vos gusten, tanto en castelán como en galego.
Tan importante como ler ben é entender o que lemos, polo que animamos a que vos fagan preguntas e que teñades que contar, explicar ou escribir pequenos resumos do que ledes.
Na área de matemáticos, é importante que repasedes as táboas de multiplicar e que fagades operacións (tanto multiplicacións como divisións entre unha cifra ) para que non se vos esquezan.
E para rematar, é moi importante a resolución de problemas para reforzar a comprensión e o pensamento lóxico.
A continuación, deixamos tamén uns enlaces a páxinas web onde podedes atopar recursos para repasar:
http://mestreacasa.gva.es/web/manes_mil/24#
http://www.rinconmaestro.es/index.html
http://www.rinconmaestro.es/lengua/comprension.html
https://www.orientacionandujar.es/2017/06/12/coleccion-problemas-matematicas-3-primaria/
https://www.orientacionandujar.es/tag/tercero-de-primaria/
BO VERÁN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario