ACTIVIDADES DO PLAN DE BENESTAR 2020-2021.
EDUCACIÓN EMOCIONAL
Chegamos ao último trimestre do curso e o alumnado de 4º segue a realizar actividades de educación emocional, neste caso concreto do Plan de Benestar da Xunta de Galicia 2020-2021.
4ºA e 4ºB realizamos catro actividades de cada un dos bloque que a Consellería de Educación contempla dentro deste plan de Educación emocional.
As catro actividades son:
- Superpoder.
- Un paseo relaxante
- En equipo máis fortes
- Pechando os ollos.
1º ACTIVIDADE :SUPERPODER .
Todos temos nalgún momento o soño de ter un superpoder que nos confira esas posibilidades sobrehumanas que nos fagan sentir seres especiais. Entra en xogo a nosa creatividade para abandonarnos á nosa imaxinación. Aquí vos deixamos algunhas fotos deste actividade:
EXPOSICIÓN VIRTUAL
SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS DE 4º A E 4º B
2º ACTIVIDADE: PECHANDO OS OLLOS
Esta actividade ten como finalidades: Empatía, toma de conciencia das propias emocións, escoita activa, comportamento prosocial e cooperación, expresión de emocións, fluír...
Pedímoslles que pechasen os ollos para concentrarse na música relaxante. Mentras lles limos :
“Pensa nunha persoa á que admires ou algún acontecemento que chamase a túa atención. Identifica quen é, por que o admiras, que poderías aprender desa persoa e como poderías dicirllo. Pensa nisto durante uns segundos e unha vez que remates de identficar a persoa, persoas e feitos, abre os ollos e agarda a que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén abran os ollos. Non te esquezas da persoa ou feito na que pensaches”.
Posteriormente fixemos a entrega ao alumnado dunhas tarxetas nas que xa se lee “A persoa que máis admiro é…” ou ben “Quero agradecer…” que cumplimentaron moi concentrados/as.
4ºA
4ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario