Hoxe foi un día moi especial para os 4º de E.P. Fixemos unha saída pola nosa vila!
Estabamos moi nerviosos/as porque dende o curso pasado non volvimos a ter a oportunidade de facer unha saída todos/as xuntas. Polo tanto, foi un día emotivo e diferente dentro desta "nova normalidade" que nos toca vivir.
Como xa sabedes, estamos a traballar no PDI do cole, que este ano está adicado a Pontedeume, polo que necesitamos mergullarnos en coñecementos de todo tipo para levar a cabo a misión que nos encomendou Güino e facer os nosos anuncios publicitarios da nosa vila .
Nesta ocasión, fomos á Exposición: "750 anos construíndo a Historia de Pontedeume"
Video da Exposición Vimeo ( preme no enlace para ver un resumo da exposición)
Cando chegamos á Casa da Cultura da vila nos estaba agardando Silvia, historiadora da vila que de forma sinxela e moi agarimosamente nos explicou un montón de cousas sobre a historia de Pontedeume.
No seguinte enlace, tedes fotos da saída. Disfrutade!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario