STOP Accidentes é unha organización cidadá sen ánimo de lucro, fundada por familiares e amig@s de vítimas de sinistros de tráfico. A súa labor ten como compromiso poñer en marcha os procesos que melloren a convivencia e o respecto á vida dos demais na mobilidade cidadá.
Dende hai anos levan a cabo programas nos centros escolares para promover a educación viaria e os camiños escolares seguros.
No noso centro están a levar a cabo unha serie de actividades, que agardamos axuden á consecución dun entorno escolar máis seguro.
Así pois, o pasado 11 de febreiro levouse a cabo unha videoconferencia para falar sobre a seguridade vial co alumnao, máis concretamente na seguridade vial en Pontedeume.
A segunda das actividades foi o pasado 6 de maio, que consistiu en facer co alumnado de 3º de Primaria unhas chapas nas que tiñan que engadir algunha mensaxe relacionada coa educación viaria e a prevención de accidentes.
Esta actividade permitiu ao alumnado debatir sobre a importancia de distintos temas relacionados coa seguridade viaria no día a día, e sobre o comportamento de cada un de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario