Unha nova carta chegou dende a Illa. Nesta ocasión o Mago Alfa contanos que hai un problema enorme .. a serea Saladina cortouse cunha lata que había no mar. Dinos que isto sucedeu por culpa dos habitantes do noso planeta que estamos a encher o mar de lixo!!!
Grazas a Dama Gris que cunha mestura de : sal, algas Nori, cunchas de santiaguiños e herbas de namorar consigue cauterizar a ferida e a serea curase. Pero aínda así, na Illa e en Isótita están moi preocupados!! Estamos contaminando o mar!! Polo que necesitan axuda!!
Tamén conta a carta que a finais de novembro, para entrar en Isótita, os habitantes levan unha pulseira de cor violeta ( cor desta cidade sumerxida). As algas nori , en Isótita, simbolizan a non violencia e a igualdade. As empregan como alimento e tamén as deixan secar anudadas aos troncos das árbores ou colgadas das súas pólas cando finaliza o mes de novembro, lembrando cando se creou Isótita.
O Mago Alfa fala da importancia de pedir axuda á capitá Mariana para salvar os océanos, polo que necesita consultar O libro Prohibido, O Gran Libro Violeta, onde se recolle o nome das mulleres máis poderosas da Illa: Mulleres de auga, de lume, de aire e de terra.
A capitá Mariana necesita unha tripulación moi especial, polo que é necesario consultar o libro Prohibido e formar así a súa tripulación.
Nesta ocasión , o Mago Alfa coméntanos que si querermos celebrar, ao igual que na Illa, a liberdade, a igualdade e a non violencia, realicemos obxectos violetas reciclando e empregando mateirais o máis naturais posibles e escribir palabras contra a violencia de xénero neles. Desta forma, entre todos/as contruiremos un gran cabo que una Isótita coa nosa escola, e as palabras que escribimos formarán parte do Gran Libro da Illa.

Todo o cole, celebrará o día 25 de novembro seguindo as indicacións do Mago Alfa. Polo que trouxemos ,das casas, rolos de papel hixiénico para reciclar e pintar de violeta e con papeis reciclados escribimos palabras contra a violencia de xénero.
Aquí deixamos algunas fotos do noso traballo:
Con todos os rolos de papel , fixemos un gran cabo que uniu a nosa escola con Isótita e colgamos una lona da cidade sumerxida de Isótita para simbolizar o acto.
Chegou o día!! Día 25 de novembro de 2019.
Conmemoramos o día no cole. Todo o alumnado se xuntou na entrada e escoitamos un maravilloso discurso da mestra Damaris, que nos falou sobre a importancia de aprender a convivir.
Explicounos que aínda que somos diferentes... somos iguais, e que a base para conseguilo, versa nos tres principios de Isótita: LIBERDADE, IGUALDADE E NON VIOLENCIA!!
A profe Cris , coa axuda dos titores/as, preparamos una canción para cantar e bailar neste día tan importante. Vivir de Rozalén e Estopa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario