martes, 12 de noviembre de 2019

NO COUCEIRO POLA IGUALDADE - MARISCANDO A FLOTE


   A semana pasada, mentres falabamos na clase da importancia de que exista igualdade entre homes e mulleres no mundo laboral, dous dos nosos compañeiros comentaron a historia de dúas mulleres da vila que nos impresionou moito, posto que son as únicas de todo Pontedeume que van ao marisqueo a flote.    Como ben sabedes, en Pontedeume hai moitas mulleres que se dedican ao marisqueo a pé, pero ata o día de hoxe, e polo que contan os máis antigos do lugar, só houbo tres mulleres que o fixeran a bordo dunha embarcación, o que se coñece como mariscar a flote con vara.


    A labor que fan é impresionante, non so pola dificultade de mariscar deste xeito, senón tamén por demostrarnos a todos nós que non existen traballos exclusivamente de homes ou de mulleres.



               Ademais, o noso compañeiro Saúl tamén nos trouxo unha nasa para explicar como se capturan os polbos, nécoras ou camaróns. Foi xenial escoitalos!!!




    Moitas grazas Saúl e Hugo por todo o que explicastes sobre o marisqueo en Pontedeume e sobre a igualdade.
    E grazas tamén ás familias por todo o que nos aportan.











1 comentario:

  1. Noraboa! Non podedes ter mellores familias! "aproveitádevos" delas e dos seus coñecementos (que son moitos) . Un bico Forte para todos.

    ResponderEliminar

MAIOS 2023