Esta semana recibimos unha carta dende “Illa Fantasía” na que
Marco nos contaba, por medio do seu Caderno de Bitácora, que necesitaba da nosa
axuda para poder saír da Illa perdida das sereas, na que se encontra despois de
que un remuíño os arrastrase a el e aos seus amigos, ata as profundidades mariñas.
Nesa illa conta que vive unha tribu singular, e para poder chegar a “OS
TRES PICOS DO DRAGÓN”, teñen que enfeitizalos con palabras de auga doce ou
salgada coma o mar, por medio de poemas.
Xa buscamos un montón de palabras na biblioteca relacionadas
co mar, pero agora temos que darnos présa en facer os nosos poemas e enviárllelos para axudalos.
Por iso, aquí deixamos uns vídeos que nos recordarán o que
son os poemas, os versos, estrofas e rimas. Así que xa sabedes...
Todos xuntos a rimar
e rimar
e así a Cristóbal e Marco
axudar
Para que o mar poidan cruzar
e aos “Tres Picos do Dragón” chegar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario