INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DAS CLASES
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2020/2021
AVISO IMPORTANTE
Na páxina web do colexio colgouse información importante sobre o inicio de curso.
Nesa información está incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada o primeiro día de curso. Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos días anteriores ao inicio das clases.
INICIO DAS CLASES
As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro festivo local.
O alumnado de 4º de EP empezará o luns 14 de setembro no horario que vos exporemos a continuación. Dicir tamén que os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas que vos pasaremos ao longos destes días con relación a esta "nova normalidade".
HORARIO PARA O LUNS 14 DE SETEMBRO
Con respeto ao alumnado de 4ºEP que veña en transporte escolar, o luns 14 de setembro, o transporte escolar recollerá ao alumnado na parada que teñen solicitada nos horarios habituais. Este alumnado chegará á escola ás 8:30h e estará na súa aula xunto co seu profesor titor/a ata que chegue o resto do alumnado ás horas establecias. Os horarios de saída serán os de todo o curso .
Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 4ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a.
A hora de saída será ás 13.35h. pola porta do lado do pavillón.
HORARIO ESCOLAR PARA OS VINDEIROS DÍAS
O horario escolar queda do seguinte xeito, adiantándose dez minutos a saída, para evitar aglomeracións.
Entrada: 8:30h. - 8:45h.
Saída: 13:35h. 4ºA (Porta do pavillón lateral dereito mirando ao mar).
4ºB (Porta do pavillón lateral esquerdo mirando ao mar).
Os titores permaneceremos nas aulas a partir das 8:30h, para recibir ao alumnado que se traslade en transporte escolar, evitando a permanencia no patio ata o comezo das clases.
O resto do alumnado, que non use os autobuses para o seu traslado, chegará ao colexio entre as 8:30h e as 8.45h e subirá ás aulas.
Utilizaremos os seguintes tramos horarios para as actividades:
Recreo:11.05 h.-11:25 h .Os recreos serán no patio superior ou no pavillón no caso de mal tempo, participarán só 4º A
e 4º B, respectando os “Grupos Estables” e utilizando as máscaras
Parva (merenda) e Hora de ler: 11:25 h.-12:05 h.
Tanto nas entradas como nas saídas hai que evitar as aglomeracións de persoas. Por iso, só deberá vir un acompañante por cada alumno ou alumna e será fundamental a puntualidade, non se debe chegar demasiado cedo nin tarde.
IMPORTANTE: O alumnado de EP non poderá acceder ao recinto escolar acompañado.
MATERIAL QUE PRECISA TRAER O ALUMNADO DE 4ºEP
O primeiro día de clase, 14 de setembro, o alumnado de 4º de EP precisa traer: mascarilla, unha mochila, unha bolsa de tea con dúas caixas de panos de papel, un caderno, unha carpeta tamaño folio e un estoxo con material para escribir e colorear.
Todos os días, o alumnado de E.P, debe
utilizar máscaras cirúrxicas ou hixiénicas. Pola
saúde de todos e todas é altamente recomendable que as máscaras ou os seus
filtros estean homologados ou sigan a normativa correspondente. Deberán traer
unha posta da casa e outra para cambiar logo de tomar a parva. A máscara de
recambio deberá vir gardada de xeito independente nun sobre de papel ou
recipiente que cumpra as recomendacións do Ministerio de Sanidade. Deberán
traer outro recipiente ou sobre como o anterior, para gardar a máscara se fose
preciso nalgún outro momento da mañá. A imposibilidade de uso de máscara deberá
ser acreditada polo/a pediatra ou facultativo da persoa obrigada.
Para os vindeiros días, d
ebido á situación actual provocada pola COVID-19, cada alumno/a terá o seu material nas súa mesa e cadeira (mochila, estoxo, caixoneira,...) e a poder ser todo o material deberá estar identificado co nome do alumno/a, xa que non compartirá material de uso propio con ningún dos seus/súas compañeiros/as. Dito isto, o alumnado terá que traer el levar o material que precise para cada día segundo as materias que teña establecidas no seu horario. É recomendable que sempre teñan na mochila, ademais dos libros e libretas que precisen para ese día, o seguinte material:
· 1 afialapis con recolledor.
· 1 lapis NORIS do nº. 2.
· 1 barra de pegamento.
· 1 gomas de borrar.
· 1 bolígrafo azul e outro vermello.
· Unhas tesoiras.
1 xogo de regras (escuadro, cartabón, regra e transportador).
1 compás.
1 carpeta de gomas tamaño folio.
Na aula, o único material que teremos sempre será:
1 carpeta tamaño folio para gardar fichas e traballos.
1 paquete de 100 folios DIN A4.
2 caixas de panos de papel. Para este curso solicitamos que traian da casa unha bolsa de tea que quedará colgada na mesa de cada alumno/a, na que terán as caixas de panos de papel para o seu uso persoal.
Axendas
O primeiro día, o titor/a entregará unha axenda a cada alumno/a. Teñen que cubrila na casa cos datos actualizados de enderezo e teléfonos de urxencia.
A axenda deben tela sempre na mochila. Serve de intercambio de información entre a familia e o profesorado e deben estar debidamente cubertas cos datos persoais. Se normalmente van en autobús e algún día veñen buscalos, é importante que se anote na axenda.
Alerta escolar, alerxias,...
En secretaría debe haber constancia das alerxias ou doenzas de cada neno ou nena. Na aula tamén se deixará a información correspondente, para que o profesorado especialista e substituto teñan coñecemento da situación sanitaria do alumnado.
É importante destacar que se no centro debe constar algún medicamento, este deberá permanecer no botiquín de medicamentos e firmar unha autorización para a administración dos mesmos.
Nas saídas escolares o profesorado acompañante levará a medicación, segundo a autorización correspondente.
TITORÍAS
A finalidade da titoría é favorecer a integración nos procesos de aprendizaxe, en colaboración coa familia, xa que a educación é un largo camiño que se inicia na casa e continúa no colexio, pero non se pode levar a cabo correctamente, se non hai un traballo común entre ambas partes, por iso se debe compatibilizar a educación familiar coa da escola, creando unha canle conxunta que fomente a aprendizaxe escolar.
Pola circunstancias actuais, durante o curso non se levarán a cabo titorías presenciais, salvo situacións excepcionais que así o requiran. As titorías farémolas mediante chamada telefónica, videoconferencia ou Abalarmóbil.
A educación familiar é a base que inflúe e sustenta o ensino formal e académico, razón pola cal desde a Titoría vos presentamos unhas suxestións de traballo que podedes levar a cabo dende a casa.
Traballo en familia:
Crear hábitos hixiénicos e alimenticios que favorezan a súa saúde. Suxerimos que se continúe coa programación semanal da Merenda Escolar establecida o curso pasado.
Procurar ter un sitio onde poder traballar, que non haxa ruído e poidan escribir e ler con tranquilidade.
A elaboración dun horario en común cos nenos e nenas de tempo de estudo, de lectura e de actividades de lecer, vai poñendo os cimentos do traballo que terán que facer no futuro. O horario debe contemplar unha hora estable para deitarse cedo e poder render axeitadamente no colexio.
Falar con eles e elas, razoar, escoitar e orientalos/as para que sexan responsables .
Hábitos:
É importante que continúen adquirindo hábitos que lles fagan máis autónomos e autónomas, como organizar a súa mochila, tendo en conta que este curso o material escolar é individual e debe ser trasladado ao colexio diariamente.
Pontedeume 11 de setembro de 2020
TITORA 4º A, Lydia Seijo Martínez
TITOR 4º B, Fernando Manuel Fraga Vázquez
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
XUNTAS E XUNTOS SAIREMOS ADIANTE!!!
Versión para imprimir
No hay comentarios:
Publicar un comentario