A continuación podedes ver unha das primeiras actividades que fixemos nas nosas aulas en relación ao PDI "+ Arte".
A actividade consistiu en que o alumnado tiña que observar, reflexionar e opinar sobre as imaxes que lles iamos mostrando sobre a obra do pintor e muralista Joseba Muruzábal.
Ao principio as obras estaban ocultas con figuras xeométricas para que fixesen hipóteses sobre o que podería haber oculto debaixo das mesmas. Segundo iamos descubrindo a imaxe a súa emoción e intriga aumentaba, así coma as súas opinións e distintos puntos de vista.
Finalmente, ao descubrir a obra de Muruzábal, quedaron impactados, entre outras cousas, polo realismo e o tamaño dos murais. Deste xeito, coa motivación obtida trala realización desta actividade, continuamos a traballar a vida e obra deste recoñecido artista galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario