jueves, 10 de febrero de 2022

PDI "+ ARTE". PREPARANDO O ENTROIDO PARA SER... FENÓMENOS DO RURAL.

    O venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no cole. Como todos os anos, o noso disfrace terá relación co PDI que estamos a traballar, que este curso está relacionado coa Arte.


    No noso curso máis concretamente estamos coñecendo a obra do pintor e muralista Joseba Muruzábal e a súa colección Fenómenos do Rural. Así pois, o alumando TERÁ QUE VIR O DÍA 25 DE FEBREIRO VESTIDO CUN MANDIL “GALEGO” DE CADROS OU SIMILAR E CON ALGÚN COMPLEMENTO RELACIONADO CO MUNDO RURAL OU MARIÑEIRO (hortalizas, redes,...) E OUTRO RELACIONADO COA CIENCIA FICCIÓN DOS SUPERPODERES (capa, anteface, un traxe de superheroe ou superheroína por debaixo do mandil,...). Por suposto este material complementerio pode ser de fabricación propia.  


    A continuación podedes ver algunhas das obras de Muruzábal que vos poden servir de idea para vir disfrazadas e disfrazados o día 25 de febreiro.



Inspirado na Película de 1958 "El ataque de la mujer de 50 pies"


Inspirado nos debuxos animados "Dragon Ball"


Inspirado en Obélix, das historias de "Astrérix e Obélix"


    Como podedes ver, as protagonistas da colección Fenómenos do Rural  son avoas galegas que Joseba Muruzábal entrevista previamente para coñecer a súa historia. Despois, por medio dos seus murais rinde unha homenaxe á labor que fan estas mulleres que seguen a traballar con máis de 70 anos nos entornos rurais.

    As obras da colección Fenómenos do Rural caracterízanse por representar fielente o rostro e a figura das avoas co clásico mandil de cadros, pero incorpora o que poderiamos chamar “realismo máxico”.

    Este “realismo máxico” fai que as avoas teñan superdoredes relacionados coa súa historia, co entorno no que viven ou con algunha película ou cómic.


    Para a celebración do Entroido no cole, nós tamén nos convertiremos por un día en "Fenómenos do Rural", e ao igual que Muruzábal, rendiremos unha homenaxe a todas as nosas avoas, familiares e amigas que demostran ano tras ano que son auténticas superheroínas.


    

    


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023