jueves, 12 de diciembre de 2019

Visita da Capitá Mariana!!

"VISITA DA CAPITÁ MARIANA"

Onte tivemos unha sorpresa xenial nas nosas aulas!! Chegou a Capitá Mariana dende Isótita!!




Cando entrou pola porta, todos/as quedamos moi caladiños e quietos.A Capitá Mariana, non anda con moitas bromas, estaba un pouco enfadada e mandounos levantar e saudala como se merece unha capitá da súa categoría.



Díxonos que eramos  grumetes e que cando rematara o que viña facer, se todo ía ben , convertiríanos en  auténticos piratas. Estabamos abraiados!!

Preguntounos e falounos de varias cousas:


  1. Estaba moi enfadada por todos os plásticos que había no mar e que estaban chegando a Illa Fantasía. Tivemos que explicarlle como reciclamos e onde tiramos o lixo na nosa escola.
  2.  Falamos de por qué estaba en cadeira rodas e das necesidades que atopaba cando ía polas escolas .
  3. Explicou que aínda que ela leva  un parche , porque é capitá, coñece perfectamente as limitacións que ten ver cun só ollo, e fixemos algunha proba para comprobar que non é tan sinxelo nin divertido como parece.
  4. Falounos moito da igualdade entre todas as persoas e do respecto cara as distintas discapacidades que nos podemos atopar.
l



Despois de moito falar , decidiu que nos convertiría en piratas, pero antes amosounos unha das nosas cartas que lle enviamos  para namorala da nosa vila. Este é o motivo polo que Mariana, chegou ás nosas aulas.




E chegou o momento!! coa axuda dos profes, sacou unha bola de cristal e dicindo unhas palabras en baixiño... foinos chamando un a un e pasou isto!!!!








Antes de marchar, deunos outra sorpresa!! Cantamos o Rap de Isótita!! e díxonos que a próxima vez que viñese nos daría unhas instruccións para elaborar o LIBRO VIOLETA . Mulleres Poderosas!!



 Xa temos ganas de que volva !!

VOLVE  CAPITÁ MARIANA, VOLVE!!  ISÓTITA!!

  Aquí podedes ver algúns debuxos que fixemos e textos onde comentamos o ben que o pasamos!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023