lunes, 23 de noviembre de 2020

"UNINDO VILAS" : EXPOSICIÓN ON LINE DAS MAQUETAS DA NOSA PONTE PERSOAL . PDI " A nosa Vila, Pontedeume"

  

"UNINDO VILAS" : EXPOSICIÓN -ON LINE- DAS  MAQUETAS  DA NOSA PONTE PERSOAL.

Boas rapazada!          

Seguimos aportando traballos moi interesantes e moi creativos do noso alumnado de 4º E.P para o PDI  da nosa escola: Pontedeume, a nosa vila!! 

Nesta ocasión o facemos a modo de Exposición On line  de  "Maquetas " de diferentes versións que fixo o alumnado da "Ponte de Pedra" ou "A Ponte de Ferro" para manifestar o noso orgullo polas pontes que tanto nos identifican como vila.

GRAZAS AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS, POR TRABALLAR TANTO E TAN BEN, DE PARTE DO MESTRE NANDO E DA MESTRA LYDIA!!

4º A   

































 4º B
  


























                                      PARABÉNS POLO  TRABALLO !!!

lunes, 2 de noviembre de 2020

VIDEO EXPLICATIVO SOBRE A AULA VIRTUAL

 


Estimadas familias: 

Estas últimas semanas, estivemos traballando co noso alumnado na aula de informática ensinándolles  a entrar e facer algunhas actividades na aula virtual da nosa escola.

Cada neno/a ten na súa axenda apuntado o seu usuario e contrasinal para poder acceder.

Aquí vos deixamos un vídeo explicativo  por se aparece  algunha dúbida.

Grazas pola vosa colaboración.






domingo, 1 de noviembre de 2020

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E LECTURAS ÁS ESCURAS 2020!!





                O venres 30 de outubro celebramos no cole a nosa primeira festa do outono!! 

                                                                         O SAMAÍN!!


Aquí vos deixamos unhas fotos deste día tan especial para o alumnado de 4º .

FOTOS DOS GRUPOS DE 4º .



 4º A



4º B



VISITA Á EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO NOSO COLE 

4º B












4º A










VÍDEO DA NOSA ESCOLA DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS.












LECTURAS ÁS ESCURAS 





4º B



















 4º A











jueves, 29 de octubre de 2020

COMEZAN AS FESTAS : SAMAÍN E MAGOSTO 2020



Boas rapazada de cuarto!!

Chegou o outono, e con esta estación na nosa escola sabedes que comezan as festas! A primeria delas é...

                                          O Samaín!

No cole estamos todas as aulas traballando moito. Dende a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  envíannos propostas moi chulas para aprender moito do Samaín.
Aquí vos deixamos o enlace ao blog da biblioteca.



Como sabedes, o venres 30 de novembro celebramos esta festa. A biblioteca invitamos a levar a cabo:
                                                    As lecturas ás escuras!!    



Lectura ás escuras 2020


Nas aulas esta semana limos dúas obras da temática que estamos a traballar!!

O profe Nando e a mestra Lydia, durante as horas de lectura, lemos ao noso alumnado  estas dúas obras!!


En 4º A  lemos MORTIÑA!!


Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?



En 4º  B lemos  OS ESQUELETOS DIVERTIDOS .




“Os esqueletos divertidos” é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío.



Outra das festas que estamos a preparar é o MAGOSTO!!

 O equipo de dinamización da Lingua Galega propúxonos ás aulas de cuarto que elaborásemos un traballo sobre o Magosto.

Nós tamén propuxemos ao noso alumnado o traballo e cada alumno/a decidiu que tipo de traballo querían facer. 
Algúns fixeron traballos escritos e outros fixeron os vídeos que a continuación podedes visualizar.

VIDEOS DE 4ºA



 














 




 VIDEOS DE 4º B
















MAIOS 2023